menú

Estrea de ‘Star Wars La Resistencia’

05/10/2018
Blog R

A aventura galáctica máis entretida chega a Disney. O sábado 13 de outubro, Disney XD (dial 160) estrea ‘Star Wars La Resistencia’, a serie animada baseada na exitosa saga Star Wars. Na televisión R poderás ver a nova serie antes que ninguén, pois dende o domingo 7 de outubro xa está dispoñible en Disney Pop Pick.

Unha misión galáctica

En ‘Star Wars La Resistencia’, a aventura céntrase en Kazuda Xiono, coñecido como Kaz, un mozo piloto recrutado pola resistencia nunha misión secreta para espiar a ameaza da Primeira Orde. Na clandestinidade, Kaz traballa como mecánico e vive con Yeager, un piloto veterano amigo de Poe.

Kaz pronto se atopa coa auga ao pescozo ao coñecer a un novo amigo BB-8, xa que debe competir en perigosas carreiras aéreas e manter en segredo a misión á súa nova familia, ao mesmo tempo que evita o perigo da Primeira Orde.

Disney Pop Pick

Lembra que Disney Pop Pick non é unha canle ao uso, aos seus contidos accédese directamente en rebobina, aínda que, iso si, debes ter contratada a opción nenos no deco 4 K.

Disney Pop Pick contén un feixe de contidos infantís de calidade, con tempadas completas das series máis populares e con estreas excusivas que podes desfrutar antes de que cheguen ás canles.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.