menú

Chega unha nova serie á televisión R: Tándem

21/04/2019
Blog R

O 25 de marzo ás 21:00 horas estreamos na canle COSMO da túa televisión R, a nova serie que  che deixará coa boca aberta: Tándem.

Máis sobre a serie

Léa Soler, papel encarnado pola actriz Astrid Veillon, ascende a xefa da división de investigacións de Montpellier, onde terá que traballar con seu novo compañeiro Paul Marchal (Stéphane Blancafort) brillante como profesional pero algo incontrolable. Ambos terán que manexar a nova situación que lles depara o profesional e tamén no persoal, xa que os dous son pais solteiros de dous fillos nunha idade un tanto complicada, ambos ademais, recentemente divorciados… o un do outro. Poderán facer fronte aos casos e a súa relación? Volverá rexurdir a chispa entre eles?

Cando se emite a serie?

Estrearase o 25 de marzo ás 21:00 na túa canle COSMO da túa televisión R. Ademais, emitirase de luns a xoves á mesma hora.

Se non podes ver os capítulos na súa retransmisión orixinal, poderás ver a repetición dos capítulos, de luns a venres ás 15:00 horas e os sábados e domingos ás 13:40 horas.

Onde podes vela?

Podes ver Tándem sintonizando estes diais, dependendo se es de Galicia ou de León.

  • Galicia: dial 25
  • León: dial 24

Ademais, poderás ver cada un dos episodios no noso servizo baixo demanda, rebobina.

Engánchate a Tándem!

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Arantxa di:

    Me sorprende el anuncio, como novedad, de una serie de la que ya se ha emitido temporada y media…