menú

Estréase na televisión R a serie “La Forense”

16/05/2019
Blog R

O 17 de maio, ás 22:00 h, estréase na canle Calle 13, a serie “La Forense”.

M. R. Hall

O novo drama prodecimental está baseado nos libros escritos por M. R. Hall. Este novelista e guionista británico empezou a publicalos hai xa unha década.

Varios dos casos que a protagonista da serie investigará nesta primeira tempada estarán baseados en historias reais, o que achega un valor extra a esta serie.

Todo sobre a serie

Jenny Cooper, papel interpretado por Serinda Swan, é unha nova forense en Toronto. Esfórzase moito por resolver cada morte que pasa pola súa mesa de autopsias porque ela mesma ten unha relación estreita e particular coa morte, xa que se quedou viúva e a cargo dun fillo de 17 anos.

A persoalidade da protagonista será tamén un papel fundamental na serie. Antes de traballar como forense foi médico de urxencias e sempre foi unha persoa moi tenaz e valente ao mesmo tempo que vulnerable. Ademais, un feito do pasado será tamén clave neste drama.

 


 

Onde ver a serie?

Poderás desfrutar desta serie sempre e cando teñas as opción de familia ou series contratadas coa túa televisión R. Se aínda non as tes pero che apetece gozar desta estrea, podes contratala pinchando aquí. Non esquezas sintonizar o dial 23 para ver Calle 13.

Lembra, que se non podes desfrutar desta estrea o mesmo día, poderás vela no noso servizo baixo demanda, rebobina.

Calquera dúbida que che poida xurdir, estamos á túa disposición en calquera das nosas redes.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.