menú

Estrea da segunda tempada de “Deep State”

14/06/2019
Blog R

O luns 17 de xuño regresa ás pantallas a serie “Deep State” coa estrea da segunda tempada. Poderás desfrutala na FOX (dial 20).

“Deep State”

Max Eatson é un espía que regresa á acción para vingar a morte do seu fillo.

Encóntrase no centro dunha guerra secreta e dunha conspiración para sacar proveito da expansión do caos en todo o Medio Oriente.

Realmente podemos escapar do noso pasado? Existen as segundas oportunidades? É aquí cando comeza unha apaixonante historia dun pai que busca respostas para protexer a súa familia.

Segunda tempada

Nesta segunda tempada o xogo pode parecer o mesmo, pero as apostas son moito máis altas.

O ex axente da CIA, Nathan Miller, actúa en nome da cara oculta do Estado, mentres que realiza unha viaxe a África Subsahariana para facer todo o posible por desencadear a primeira guerra mundial da enerxía renovable. Mentres tanto, encóntrase rodeado dunha conspiración que podería derrocar a calquera goberno.

Oito episodios

Esta segunda tempada contará con oito episodios de infarto, que poderás ver na FOX dende o luns 17 de xuño a través da túa televisión R.

Só tes que ter calquera das opcións tv familia ou tv series e sintonizar o dial 20 na túa televisión.

Se aínda non gozas de ningunha destas opcións e cres que a serie pode ser un bo plan amigos ou familia, non dubides en contratar a opción que máis che interesa a través deste mesmo enlace. Nun par de horiñas poderás estar desfrutando deste e outros contidos.

rebobina

Se nalgunha ocasión perdes algún capítulo ou queres volver a ver outro que te emocionou, podes facelo grazas ao noso servizo de televisión baixo demanda, rebobina.

Con este servizo poderás ver os contidos cando mellor che veña e así non deixar de facer plans fóra da casa.

Se tes calquera dúbida, podes escribirnos a través de calquera das nosas canles.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.