menú

Estrea de “Searching”

23/05/2019
Blog R

O sábado 25 de maio, ás 22:00 h, estréase en Movistar Estrenos a película “Searching”.

“Searching”

Thriller centrado na desaparición dunha moza.

David é un pai viúvo que, dende que morreu a súa muller, desenvolveu unha actitude moi protectora coa súa filla adolescente Margot. Unha madrugada, a moza intenta poñerse e contacto co seu pai pera a súa chamada non é contestada. Tras 37 horas de espera e nin unha sola pista, o pai decide buscar no único sitio que aínda ninguén buscará o ordenador portátil da súa filla.

Rodaxe e edición

Este thriller desenvólvese na súa totalidade na pantalla dun ordenador (seguindo o estilo de filmes como “Open Windows” ou “Eliminado”).

Esta película foi rodada en 13 días, non obstante o seu proceso de edición prolongouse ata un ano e medio, debido ás numerosas animacións requiridas.

O director Aneesh Chaganty, que neste caso tamén coescribe o guión, contou con coñecedísimos actores para o reparto de película como son: John Cho (‘The Twilight Zone’, ‘El exorcista’) e Debra Messing (‘Will y Grace’).

Onde desfrutala

Podes ver esta película sempre que dispoñas da opción cine ou ben da canle á carta Movistar Estrenos na túa televisión R. O único que tes que facer é sintonizar o dial correcto.

  • Galicia: dial 4
  • León e Cantabria: dial 46

Se aínda non dispós desta opción, poderás contratala aquí mesmo, e desfrutar desta e doutras estreas.

Ademais, non esquezas que todo este contido o tes no noso servizo de televisión baixo demanda, rebobina.

Calquera dúbida que che poida xurdir, estamos á túa disposición.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.