menú

Estrea de “Panda y la ciudad de cartón”

09/06/2019
Blog R

O luns día 10 de xuño, ás 18:30 h, estréase en exclusiva “Panda y la ciudad de cartón” en Canal Panda.

A cidade de cartón

Panda e os seus amigos, Nico e Lola, convídante a formar parte da cidade de cartón. Un lugar colorido e cheo de vida no que os teus fillos poderán dar renda solta a súa creatividade. Manualidades, xogos e moita diversión será o que se encontren os máis pequenos que se atrevan a visitar esta peculiar cidade.

Para poder chegar a este fermoso lugar, os nenos deberán deslizarse por unha rampla e una vez nela… comeza a festa! Aprenderán a facer disfraces, cofres do tesouro, dinosauros e ata helicópteros, entre outras moitas cousas.

“Estación da diversión”

A “estación da diversión” é unha das paradas preferidas desta cidade, polo que cada día Panda, Nico e Lola acompañados por un neno invitado, pararán nesta estación. Aquí realizarán unhas manualidades secreta con obxectos reciclados.

Para terminar esta ruta como ben se merece, o invitado xirará a toda velocidade na ruleta máxica para elixir un xogo que o converterá en bombeiro por un día ou o somerxerá nunha piscina chea de bolas e misterios. Quen se apunta a esta aventura?

Cando e onde desfrutar desta serie

Emitirase de luns a venres, ás 11:05 h e ás 18:30 h, ademais tamén poderás desfrutar da mesma, todos os sábados e domingos ás 13:10 e ás 17:40 h, en Canal Panda.

Para poder gozar desta canle, tes que ter contratada a televisión R, coa opción tv nenos. Se aínda non dispós da mesma, podes contratala de forma moi sinxela a través deste mesmo enlace e no mesmo día estarás desfrutando de todo o contido.

Lembra sintonizar o dial correcto para poder ver a emisión.

  • Galicia: dial 152
  • León e Cantabria: dial 73

Se o teu fillo e máis ti perdestes algún capítulo e queredes recuperalo non vos preocupedes, tedes dispoñible todo o contido desta canle no noso servizo baixo demanda, rebobina.

Se tes calquera dúbida, estamos a túa disposición en calquera das nosas redes.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.