
Grande estrea de Ocean’s 8 na televisión R
O 15 de marzo ás 22:00h poderás desfrutar da estrea de Ocean’s 8 en Movistar Estrenos (dial 4) da túa televisión R
Todo sobre a película
Ocean’s 8 pertence á xa coñecida saga Ocean’s, películas estadounidenses de atracos, dirixidas e producidas por Steven Soderbergh. Neste caso, os xa máis famosos atracos protagonizados por homes pasan a ser cousa de mulleres, xa que nesta última película as expertas ladroas son elas con Sandra Bullock á cabeza, e seguida dun grande elenco como Cate Blanchett, Anne Hathaway, Mindy Kaling, Sarah Paulson, Akwafina, Helena Bonham Carter, Rihanna e James Corden.
O plan das mozas de Debbie (Sandra Bullock) é conseguir que o carísimo colar Toussaint saia das cámaras de Cartier, onde se garda dende hai anos, para que o luza na gala anual do Museo Metropolitano de Nueva York a presentadora do evento, Daphne Kluger.
Onde ver a estrea?
Podes desfrutar da estrea se tes calquera das seguintes opcións da televisión R.
- tv festa rachada
- opción Movistar Estrenos
Se non tes esta canle e queres gozar dunha noite de acción, só tes que acceder á web de clientes e contratala.
rebobina
Ademais, unha das vantaxes de ter a túa televisión R, é que se non podes desfrutala o día da estrea, poderás acceder ao contido sempre que queiras con rebobina, de forma que poderás gozar dos teus contidos favoritos unha e outra vez. Vamos! Apetéceche telo?
Se tes calquera dúbida, non te esquezas de consultarnos por calquera das nosas canles.
Un saúdo!
0 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.