menú

Misión imposible: Fallout, na televisión R

27/03/2019
Blog R

O 29 de marzo a las 22:00h estréase na canle Movistar Estrenos, da túa televisión R Misión Imposible: Fallout. Vala perder?

Todo sobre a película

Tom Cruise volve á carga dando vida ao superespía máis coñecido do panorama internacional, Ethan Hunt. Nesta entrega recibe unha mensaxe secreta que lle comunica que un grupo de seguidores do anarquista Solomon Lane, os cales xa foran capturados por Ethan hai uns anos, volven ao mundo criminal e esta vez están intentando facerse con tres núcleos de plutonio para facer con eles armas nucleares, moi fáciles de transportar.

O propio Tom Cruise explica que nesta parte da saga aparecen personaxes do pasado, que hai unha gran historia persoal e épica, e ademais, que as personaxes teñen unha enorme carga emocional.

Onde a podes ver?

Como é habitual en R, poderás desfrutar de esta entrega de Misión Imposible, coas túas opcións “festa rachada” ou ben coa “opción á carta”. Se tes calquera outra opción e queres desfrutar desta e outras películas, non dubides en poñerte en contacto con nós para contratar esta nova canle, ou ben podes facelo ti mesmo a través da seguiente enlace.

Sintoniza o teu dial:

  • Galicia, sintoniza o teu dial 4
  • León tes que sintonizar o dial 46.

rebobina

Se xa tes outros plans para o venres, non te preocupes, terás dispoñible a película en rebobina para que a podas gozar calquera día e a calquera hora.

Que máis se pode pedir? Temos a televisión que se adapta a ti!

Para calquera dúbida ou consulta que te xurda, non dubides en poñerte en contacto con nós, a través de calquera das nosas canles.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.