menú

Estrea de “Megalodón” na túa televisión R

16/04/2019
Blog R

O venres 19 de abril, ás 22:00 h, estréase a película “Megalodón” en Movistar Estrenos. Poderás desfrutala a través da túa televisión R.

Todo sobre “Megalodón”

Este thriller de ciencia ficción protagonizado polo coñecidísimo Jason Statham, con moitas películas de éxito ao seu lombo como “Transporter”, “Fast & Furius” ou “Mechanic: Resurrection”. Ademais, está coprotagonizada por un elenco de actores e actrices de renome, como é o caso da estrela chinesa Li Bingbing (“Transformers”, “Resident Evil: venganza”). Trátase dunha das películas con máis recadación durante o 2018 nos cines.

O especialista Jonas Taylor e a súa tripulación atópanse en plena misión de rescate en augas profundas. De súpeto, terán que abandonar a varios compañeiros cando o barco e o submarino son atacados por algo moi grande.

Cinco anos máis tarde, na Estación de Investigación Mana Uno, un submarino intenta comprobar se existe máis mundo debaixo da profunda fosa das Marianas.

Onde a podes ver?

Poderás desfrutar desta película na canle Movistar Estrenos, que está dentro da opción á carta da túa televisión R. Segundo sexas cliente de Galicia, León ou Cantabria, poderás ver o contido no seguinte dial:

  • Galicia: dial 4
  • León e Cantabria: dial 46

rebobina

Se non podes ver a película durante a emisión normal da canle, non te preocupes! Estará dispoñible en rebobina, para que a poidas vela cando mellor che veña ou máis che apeteza.

Lembra comprar as flocos de millo, que nós poñemos o cine!

Calquera dúbida que teñas, xa sabes onde encontrarnos.

Un saúdo.

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.