menú

Estrea de “La sombra de la ley”

16/05/2019
Blog R

O próximo sábado 18 de maio, estréase en Movistar Estenos a película “La sombra de la ley”, ás 22:00 h. Vala perder?

“La sombra de la ley”

Polo ano 1921, na cidade de Madrid, abundaban os enfrontamentos entre mafiosos e anarquistas, mentres que os negocios ilegais se mantiñan na sombra.

O axente Aníbal Uriarte é enviado a Barcelona para encargarse de descubrir quen roubou o cargamento de armas dun tren militar. Este axente non encontra moito apoio nos seus compañeiros, e enseguida comezan os enfrontamentos e as desconfianzas co seu inspector, corrupto, Rediú.

Aníbal entrará en contacto cos baixos fondos da sociedade barcelonesa, e tamén co mundo anarquista máis radical para conseguir os seus obxectivos.

Daniel de la Torre

“La sombra de la ley” é a segunda película deste director, tras “El desconocido”.

Nesta cinta, conta co apoio dun elenco de actores de primeira línea como: Luís Tosar, Michelle Jenner, Vicente Romero ou Paco Tous.

A longametraxe recibiu tres premios na última edición dos Goya: mellor dirección de fotografía, dirección artística e vestiario.

Onde podes vela?

Para poder desfrutar desta estrea na canle de Movistar Estrenos da túa televisión R só tes que ter a opción de Estrenos e sintonizar as seguintes canles:

  • Galicia: dial 4
  • León e Cantabria: dial 46

Ademais, lembra que podes ver este e outros contidos no noso servizo baixo demanda, rebobina. Que máis se pode pedir?

En R encargámonos de darche o mellor contido, para que ti só teñas que preocuparte dos flocos de millo e da bebida.

Se tes calquera dúbida, estamos á túa disposición a través das nosas redes.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.