menú

A maior empresa da humanidade

28/05/2019
Blog R

Unha das maiores empresas da humanidade é “La ruta de la seda” e agora poderás descubrir todos as súas curiosidades grazas á serie que se estrea o xoves 30 de maio, ás 22:00 h na canle Historia.

“La ruta de la seda”

É unha ruta comercial que une este e oeste, que ten miles de anos de antigüidade e que influíu profundamente na nosa historia. Este comercio axudou a construír e afundir imperios, alimentou revolucións e afectou sensiblemente a moitas civilizacións.

A humanidade tal e como a coñecemos hoxe en día, e todo o que se creou se debe en parte a esta lendaria ruta da seda. Unha proba disto é algo tan básico actualmente como o papel.

Vivir a experiencia

Con esta serie trasládaste no tempo para presenciar a evolución da guerra, e experimentar o horror da Peste Negra. Observarás os impactos das innovacións e vivirás cambios sociais moi radicais.

Embarcaraste nunha viaxe histórica e espectacular ao longo de Eurasia e somerxeraste nos detalles desta ruta comercial de gran fama mundial.

Onde desfrutar desta serie

Poderás ver esta serie sempre que dispoñas da opción tv familia na túa televisión R, e se aínda non es dos que dispón desta opción, poñémoscho fácil para que poidas desfrutar deste e doutros contidos desta grella. Só tes que pinchar aquí e nun par de horas terás dispoñibles todas as canles de tv familia. 

Lembra, que tes que sintonizar o dial correcto para ver “La ruta de la seda”:

  • Galicia: dial 52
  • León e Cantabria: dial 50

Ademais, terás todo este contido en rebobina, para que poidas gozar del sempre que precises.

Se tes calquera dúbida, estamos á túa enteira disposición.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.