menú

Estrea de “Iron Chef”, o novo formato gastronómico

27/05/2019
Blog R

Este mes de maio estréase en exclusiva en COSMO o novo formato gastronómico “Iron Chef”.

Todo sobre o concurso

Sete chefs de todo o mundo enfróntanse para conseguir o desexado título de “Iron Chef”.

Cada capítulo componse de dous desafíos gastronómicos.

O presentador, Alton Brown, encargarase de xulgar a primeira ronda e dous recoñecidos chefs, que irán cambiando en cada programa, farán de xurado para a segunda proba.

O aspirante que consiga chegar ata a final e queira conquistar o ansiado título, terá que enfrontarse a tres “Iron Chef” diferentes na chamada “The gauntlet Iron Chefs”.

Nesta tempada, os Iron Chefs serán: Bobby Flay, Mosaharu Morimoto e Michael Symon.

Onde ver o programa

O 29 de maio, ás 21:00 h, poderás desfrutar desta estrea en COSMO.  Só tes que ter calquera das opcións series ou familia da túa televisión R e sintonizar as seguintes canles:

  • Galicia: dial 25
  • León e Cantabria: dial 24

Ademais, poderás ver todos os capítulos de estrea durante a semana, é dicir, de luns a xoves ás 21:00h, sempre na túa canle COSMO.

Lembra que se non tes estas opción de televisión, podes contratalas de forma moi sinxela, a través deste mesmo enlace.

rebobina

Se perdes algún capituliño podes recuperalo a través do noso servizo baixo demanda, rebobina.

Desta forma, poderás ver o concurso, cando mellor che veña e apuntar todas as receitas para replicalas na túa casa.

Se tes calquera dúbida sobre as canles ou sobre os produtos, podes contactar con nós, sempre que necesites.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.