menú

Estrea de Game of Clones en MTV

11/04/2019
Blog R

O domingo 14 de abril ás 22:30h, estréase na canle MTV da túa televisión R, o programa “Game of Clones”. Si, si estás a ler ben, un xogo de clons para ver que personalidade é a que namora ao seu amor platónico.

A MTV volve apostar por programas de estilo reality para a súa audiencia. Non nos decepcionou con outros programas do estilo e estamos seguros que non o fará con este.

Todo sobre Game of Clones

Game of Clones é o experimento de citas máis radical da televisión.

En cada un dos episodios do programa sairá algunha das estrelas da MTV, con sete mozas ou mozos que parecen auténticos clons. O reto destas sete persoas será namorar a súa celebridade, non só polo físico, xa que neste campo teñen moita competencia se non coa súa personalidade.

Cada participante descubrirá a cal destes famosos lle derreterá o corazón, e se de verdade existe o amor para toda a vida.

Se aínda non tes claro como funciona isto de ter citas con sete persoas fisicamente idénticas, deixámosche o avance  dun dos capítulos do programa. Neste caso, o protagonizado polo coñecidísimo Pauly D de Jersey Shore.

Onde podes desfrutar deste contido?

Poderás ver este e máis capítulos na canle MTV, dial 31, da túa televisión R, se tes contratado a opción familia.

No caso de que aínda non teñas estas opción e queiras contratala para ver todo o contido, podes facelo de forma moi sinxela e nun par de horas terás dispoñible a MTV.

Calquera dúbida ou complicación que che xurda, podes poñerte en contacto con nós a través de calquera das nosas canles.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.