menú

Estrea do documental “Into Alaska” en Discovery

17/04/2019
Blog R

Este venres 19 de abril ás 22:00 h, estréase o documental “Into Alaska” en Discovery. Desfruta de todos os episodios que se irán emitindo deste documental ao longo do mes.

Todo sobre “Into Alaska”

O Servizo Federal de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos ten baixo a súa responsabilidade o coidado, a conservación e a protección de dezaseis refuxios naturais no estado de Alaska.

Kodiak e Kenai son os dous refuxios máis extraordinarios do estado, tanto polos seus recursos naturais como polo número de visitas que recibe no ano. Estes lugares, así como a súa fauna, encóntranse en constante perigo e por este motivo unha serie de profesionais traballan sen descanso na zona.

Este documental, mergullarate nestas espectaculares paraxes e mostrará a importante labor que desenvolven en Kodiak e Kenai todos os empregados que loitan por preservar estas reservas naturais no seu máximo esplendor.

Os refuxios naturais de Kenai e Kodiak

O Refuxio Nacional de Vida Silvestre de Kenai, é famosos entre outras cousas polos glaciares, ríos e, por suposto, por toda a súa fauna, alces, osos, salmóns… Por outro lado, a illa de Kodiak alcanzou a fama por ter un oso de home homónimo, a especie máis grande de oso na Terra.

Onde podes velo?

Poderás desfrutar do capítulo de estrea, así como do resto das emisións na túa canle Discovery Chanel, se dispós da opción familia da túa televisión R.

Se aínda non te fixeches con esta opción, non te preocupes, deixámosche aquí unha forma doada de contratala, para que nun par de horas poidas gozar deste e outros contidos.

  • Galicia: dial 51
  • León e Cantabria: dial 54

rebobina

Ademais, terás dispoñible todos os capítulos do documental en rebobina, unha vez se emitan. Desta forma, poderás desfrutar do contido cando queiras e as veces que queiras.

Queres algunha razón máis para ter televisión R, xa? Veña, non o dubides!

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.