
Este verán, non perdas ningún dos teus contidos favoritos da nosa tele
Vacacións, sol, mar, montaña, ‘terraceo’… Tras os meses de confinamento, seguro que este ano tes a túa axenda de verán máis chea de plans que nunca. En R non queremos que perdas nada; e nós ocupámonos de que tampouco perdas ningún dos teus contidos favoritos na túa televisión R. Queres saber como facelo?
rebobina
Seguro que xa coñeces rebobina. É o noso servizo de vídeo baixo demanda gratuíto e permíteche desfrutar sen custo adicional de máis de 5.000 títulos de diferentes xéneros, con tempadas completas de series, cine de todos os xéneros, deportes, contido infantil…
teloperdiste
Estiveches toda a semana fóra e perdiches o teu programa favorito? teloperdiste permíteche recuperar toda a programación das canles ata 7 días despois da súa emisión.
ver inicio
Se chegaches un pouco tarde, dálle a ver inicio e desfruta do contido dende o principio. Nunca chegarás tarde, xa que en calquera momento poderás ver dende o inicio o programa en emisión.
replay
Para facer unha pausa tes a función replay. Ti tomas o control da TV en directo e podes pausar e retomar a emisión en calquera momento.
gravacións
Apetéceche gravar os contidos para desfrutalos noutro momento? Tes a posibilidade de gravar ata 350 horas da programación que che interese para vela cando e onde queiras. E podes facelo dende calquera dispositivo con tan só apertar un botón.
Netflix, Amazon Prime Video…
Co teu deco 4K con Android TV accedes a un mundo de aplicacións: Netflix, Amazon Prime Video, Disney+, Mitele, DAZN… todas as túas apps favoritas na pantalla da túa TV

4K
Ademais, desfruta da mellor calidade de imaxe, con maior nitidez e campo de visión (ata 4 veces superior ao HD).
TV comigo
Para terminar, propoñémosche que desfrutes dos teus contidos favoritos na túa tablet ou smartphone con TV comigo, o noso servizo para acceder á túa tele dende calquera dispositivo e lugar.
Así que, xa sabes, este verán leva contigo a televisión R onde queiras. Apúntaste?
2 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Ola, boa tarde
Por qué non podo descargar a App de HBO en Google?
Deixoume a de Movistar
Gracias anticipadas
Ola, Rita.
De momento, a APP de HBO non está certificada para o noso descodificador.
Un saúdo.