menú

Apúntaste a desfrutar do mellor Nadal coa televisión R?

21/12/2020
Blog R

Comeza a conta atrás para despedirnos de 2020. Temos por diante un Nadal diferente pero no que seguro non van faltar toda a ilusión, o bo rollo e a maxia que desprenden os contidos especiais de Nadal que podes desfrutar na nosa televisión R. Apetéceche saber máis?

AXN

AXN ofrece un suculento menú cinéfilo de Nadal para os días de Noiteboa, Nadal e Aninovo, composto por títulos como ‘Pixels’, ‘Niños grandes’, a saga X- Men, ‘Independence Day’ ou ‘Blade Runner 2049’.

FOX e FOX Life

Só en casa en Noiteboa? FOX recupera unha das sagas máis icónicas da comedia a tarde do xoves 24 de decembro coa emisión de ‘Solo en casa’, ‘Solo en casa 2’ e ‘Solo en casa 3’.

FOX Life saca o seu lado máis romántico o venres 25 de decembro co especial ‘Todo lo que quiero por Navidad eres tú’, que inclúe títulos como ‘Love actually’ ou ‘La princesa prometida’, e lánzase á pista de baile en Noitevella co especial ‘Bye bye 2020’, coa emisión de ‘Step Up Revolution’, entre outras.

TNT

EN TNT, espérannos unhas ‘Navidades Fantásticas’ coa Saga de Capitán América en Noiteboa; os incombustibles Astérix e Obélix o día de Nadal; os integrantes de ‘Escuadrón Suicida’, os magos de ‘Animales Fantásticos’ e as ‘Cazafantasmas’ máis cool para despedir o ano; as aventuras prehistóricas de ‘Los Croods’ para empezar 2021; ‘ Ant-Man’, ‘Godzilla’ e o mismísimo Tarzán para esperar os Reis Magos; e ‘Cigüeñas’ e ‘Linterna verde’ para o mércores 6 de xaneiro.

Comedy Central

O sábado 19 de decembro, ás 14:00 h, Comedy Central pon a proba a nosa vea detectivesca co especial ‘Muyrphyology’, no que se inclúen as pelis da saga que o fixo mundialmente famoso: ‘Superdetective en Hollywood’. Se es máis de acción, apúntate ao especial ‘Navidad Letal’ o día de Nadal, a partir das 16:10 h. E para comezar o ano de bo humor, espérante en Comedy Central as ‘Carazas de la comedia’ o día 1 ás 15:30 h. O martes 5, quenda para ‘Aventuras Históricas’ con ‘Shrek’ e ‘Cómo entrenar a tu dragón’, entre outros. A tarde do mércores 6 de xaneiro, os reis da casa teñen planazo co especial ‘Animales Animados’, con ‘Kung Fu Panda’ e ‘Madagascar’, entre outros.

Tampouco podían faltar á cita do Nadal en Comedy Central os máis televisivos ‘Friends’. Prepárate para entoar a canción de Nadal de Phoebe!

E para os máis pequenos da casa…

Nickelodeon propón un plan de cine para os máis peques da casa integrado por ‘Rufus’, ‘ Rufus 2’ e ‘Emboscada a Papá Noel’, entre outras.

En Nick Jr prepararon un maratón de tres horas cos mellores episodios do Nadal dalgunhas das súas series máis queridas, como ‘Top Wing’, ‘Bubble Guppies’ ou ‘Patrulla Canina’.

E tamén os personaxes de Disney se apuntan ao Nadal. ‘Como vivirán o Nadal ‘Vampirina’ ou ‘Rocketeer’?

Ademais, na portada de rebobina tes dispoñible ‘Navidad Disney’, unha completa listaxe de contidos infantís do Nadal para desfrutar das festas e desta volta tamén do especial “A Contracorriente films edition” composto por un total de 150 pelis de todos os xéneros.

Así que xa sabes, prepárate para desfrutar do mellor Nadal televisivo coa televisión R. E lembra que se perdes algún dos teus contidos favoritos podes recuperalo ata 7 días despois da súa emisión co servizo ‘teloperdiste’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.