menú

A muller, protagonista en rebobina

11/03/2020
Blog R

Imaxinades unha Historia do Cine sen Escarlata O’Hara ou sen a Princesa Leia? Elas forman parte da nosa historia colectiva, pero o traballo feminino no cine non sempre se viu tan recoñecido. Coincidindo coa celebración do Día da Muller, temos preparado, en colaboración con TCM, un especial que resalta o papel das mulleres no cine. “Women Make Film” está dispoñible gratis en rebobina.

Domingo 8 de marzo, Día da Muller

A data non é casual. Un 8 de marzo de 1911 un incendio nunha fábrica de Nova York acabou coa vida de máis de 140 mulleres. Esta traxedia supuxo o definitivo punto de inflexión para a mellora das condicións laborais, en particular, e dos dereitos das mulleres, en xeral.

Ese mesmo ano celebrouse por primeira vez o Día da Muller en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza. Aos poucos, a celebración foise ampliando a máis países, ao mesmo tempo que se foron incrementando as demandas: dereito a votar, a ocupar cargos públicos, a traballar e a non sufrir discriminación laboral…

O morado foi o elixido como símbolo das protestas ao ser a cor que utilizaban as sufraxistas inglesas do século XX.

En 1975, a ONU establece e celebra por primeira vez o Día Internacional da Muller o 8 de marzo, coincidindo co Ano Internacional da Muller. Este ano, o lema é ‘Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres’.

As mulleres e o cine

Sabías que a primeira película de ficción da historia foi dirixida por unha muller, a francesa Alice Guy Blaché? Titúlase ‘El hada de los repollos’, dura un minuto e data de 1896. A fama levouna Georges Méliès, pero ela foi a primeira capaz de poñer imaxes en movemento para contarnos unha historia e converteuse tamén na primeira produtora de cine. Rodou centos de películas e conseguiu algo que parecía totalmente improbable na época: vivir do cine.

Alice foi a primeira dunha listaxe de directoras cuxo traballo hoxe aplauden industria e público. Nomes consolidados a nivel internacional como Sofia Coppola ou Kathryn Bigelow; directoras como Isabel Coixet, Carla Simón, Gracia Querejeta, María Ripoll, Icíar Bollaín ou a propia Pilar Miró atoparon o seu oco na industria, pero a presenza feminina no cine está aínda lonxe da representación e recoñecemento que teñen os homes.

Cantos coñecedes a Mirentxu Loyarte, a Helena Taberna, ás galegas Ana Domínguez e Diana Toucedo ou á asturiana Carmen Menéndez? Son só algunhas das directoras mulleres que loitan cada día por facerse un oco no complicado mundo do cine.

‘Women Make Film’, especial gratis en rebobina

En marzo, na televisión R queremos destacar o papel das mulleres directoras co especial titulado ‘Women Make Film’.

A serie documental ‘Women Make Film: Una nueva road movie a lo largo de la Historia del Cine’ analiza este devenir a través da lente dalgunhas das mellores directoras do mundo. Unha viaxe pola estrada narrada por Tilda Swinton ou Jane Fonda con máis de mil fragmentos de películas rodadas ao longo de 13 décadas nos 5 continentes e con máis de 14 horas de cinta.

O noso especial inclúe ademais 7 películas que foron dirixidas por mulleres, entre elas ‘Selma’, ‘Unha pastelería en Tokio’ ou ‘Mi vida sin mí’.
Outlet de R Lenovo D330 4GB + 64GB

Ademais do noso especial ‘Women Make Film’, a oferta televisiva do mes está repleta de mulleres con carácter que non pasan desapercibidas: as mulleres policía de ‘Crimen e Investigación’; a impasible avogada que encarna Viola Davis en ‘Cómo defender a un asesino’; ‘La forense’ Jenny Cooper de Calle 13; a detective Céline Trudeau de ‘The Wall’ e as ‘Mujeres en lugares remotos’ que nos descobre Viaxar.

Marzo é o mes da muller na televisión R 🙂 Apúntaste?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Antonio di:

    Quiero manifestarles una vez más, que no funciona el servicio de REBOBINA.
    Agradezco me informen por mail, si han dejado eliminado este servicio o tengo un defecto en mi configuración de la tv.