
Especial UBEAT, desfruta os eSports gratis en rebobina
Es fan dos eSports? Non perdas o Especial ‘Lo mejor de UBEAT’ que temos dispoñible gratis en rebobina dende o martes 3 de novembro.
UBEAT é a canle para os amantes dos videoxogos na que podes atopar reportaxes, entrevistas, reseñas de videoxogos e contidos especialmente pensados para os seguidores dos eSports.
O noso especial inclúe 5 dos espazos con máis tirón da canle e un total de 27 programas que te converterán no rei dos eSports. Coñécelos?
ENEWS ESPORTS
Informativo para que non perdas nada da actualidade do momento no mundo do videoxogo competitivo: a narrativa das próximas competicións, os últimos cambios entre equipos e as polémicas que traen máis debate á comunidade.
ENEWS GAMING
Apetéceche descubrir o que Nintendo ten preparado para o 35 aniversario de Mario Bros e compañía? Non perdas o mellor espazo informativo.
HOY NO SE SALE
Ibai e Kapo seguen recibindo a invitados do mundo da cultura, a música, a televisión, a interpretación, o deporte, influencers e, por suposto, dos eSports, como El Cejas, Daniela Blume, Lolito Fernández ou Paula Gonu.
MULTIPLAYER
Os mellores vídeos déixannos sabor a ‘ League of Legends’, a ‘CSGO’, ás entrevistas do momento e ás últimas novidades en videoxogos. É o momento de relaxarse e deixar que este recompilatorio te sorprenda coas reportaxes e xogadas recentemente saídos do forno.
UBEAT CREW
Os mellores trucos, curiosidades e análise do mundo dos videoxogos. Descúbreo todo sobre o lanzamento da nova versión de Brain Training, o multiplataforma de Fortnite ou o considerado o videoxogo da época: Slenderman.
Preparado para mergullarte de cheo no mundo dos eSports? Non perdas o especial ‘Lo mejor de UBEAT’ da televisión R.
2 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Llevo intentando portar una línea móvil desde el pasado 21 de octubre y no hay manera de que R lo haga, de hecho ya tengo que pagar la cuota de noviembre con mi actual operador. Aún por encima que quiero añadir una línea adicional al Combo+móvil que ya tengo contratado, desde R no me lo dan de alta. Ya llamé al 1449 varias veces y envié un correo electrónico a atención al cliente y ni me contestan.
MUY MAL SERVICIO DE R!
Hola.
Si ya has enviado la información por correo electrónico, mis compañeros del departamento administrativo lo van a revisar y se pondrán en contacto contigo.
Disculpa las molestias.
Un saludo.