menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Especial Sueños en la Carretera en TCM coa túa televisión R

03/04/2019
Blog R

O venres 5 de abril comeza o especial de TCM de Sueños en la Carretera e prolongarase ata finais de mes, na túa televisión R.

Todo sobre o especial

Isa Segura e Carmelo López, dous amantes do cine e da bicicleta, idearon en 2015 un proxecto, Cinecicleta, que se desenvolveu ao largo de dous anos.

Este proxecto consistía en xuntar as súas dúas paixóns cun labor algo máis humanitario. Levaron ao cine a persoas que nunca o viran, ademais levaríanos a percorrer África no seu vehículo favorito. Preguntaraste, cal era a finalidade deste proxecto?

Ben, para poñer en marcha a proxección de calquera película, tiñan que activar un mecanismo que funcionaba a pedais e que cada un dos espectadores faría funcionar, só pola ilusión de ver por primeira vez unha proxección.

Neste caso, TCM únese a este proxecto, producindo o documental África en Cinecicleta e introducindo esta bonita experiencia nos fogares dos espectadores. Ademais, achega valor a este documental, acompañándoo dunha sucesión de exclusivas estreas de películas cuxa trama transcorre na estrada.

Estreas das películas

Cada venres do mes de abril TCM da man de televisión R, estreará de forma exclusiva unha película, cuxo contido se desenvolve na estrada. Os títulos que poderás desfrutar son os seguintes:

Venres 5 de abril:

  • 22:0 Malas tierras (1973)

Venres 12 de abril:

  • 22:00 África en Cinecicleta (2019)
  • 22:45 Nebraska (2013)

Venres 19 de abril:

  • 22:00 My Blueberry Nights (2007)

Venres 26 de abril:

  • 22:00 Llueve sobre mi corazón (1969)

Domingo 28 de abril:

  • 21:20 África en Cinecicleta
  • 22:00 Bonnie y Clyde (1967)

Onde podes desfrutar deste contido?

Podes gozar deste especial, sempre que teñas contratada a televisión R. Se aínda non a tes e cres que é a mellor forma de desfrutar deste e outros contidos, aproveita e contrátaa xa! 

  • Galicia : dial 3
  • León: dial 40

rebobina

Ademais, poderás gozar deste contido a calquera hora do día, calquera día da semana, coa nosa opción de rebobina. Non o penses máis e contrata televisión R, co combo que máis che conveña.

Para calquera pregunta ou consulta, non dubides en escribirnos.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Eugenio di:

    Como me podo suscribir a este especial?
    Dende fai unhas semanas non aparece ningun especial (tipo cine nordico, festival san sebastian, parladoiros, …) no apartado de “mi tv” ao premer o boton video.
    Grazas.