menú

Vive o Nadal co Especial Disney

20/12/2021
Blog R

O teu deco 4K énchese de maxia este Nadal. E é que de maneira exclusiva e ata o domingo 9 de xaneiro, está dispoñible en rebobina o ‘Especial Navidad Disney’ con máis de 40 episodios dalgunhas das series máis emblemáticas de Disney e que teñen o Nadal como tema central.

Queres saber máis sobre os protagonistas deste ‘Especial Navidad Disney’?

Seguro que xa recoñeces a moitos/as deles/as, como a incansable cadeliña ‘Bluey’; Dottie, a popular ‘Doctora Juguetes’; a heroína princesa Elena de Ávalor, ‘La princesa Sofía’ ou a sofisticada Nancy de ‘Fancy Nancy Clancy’. Non perdas as súas divertidas andanzas de Nadal rodeadas de neve, xeo e con Papá Noel.

Tampouco faltan no especial novas aventuras do cachorro Kion e a súa ‘Guardia del león’; os irmáns ‘Bingo y Rolly’; os valentes ‘PJ Masks’ e ‘Rocketeer’.

Nin personaxes clásicos das canles Disney como os simpáticos poboadores de ‘La casa de Mickey Mouse’ ou a familia do multimillonario Tío Gilito, protagonista de ‘PatoAventuras’.

Como vivirán o Nadal ‘Vampirina’, ‘GabbyDuran’, ‘Lab Rats’ ou as/os mozos/as de ‘Campamento Kikiwaka’?

Adiantámosvos que ‘Los Green en la gran ciudad’ afrontan estas datas cargados de bos propósitos e que ‘Entre Hermanos’ se prepara para unha viaxe por estrada moi especial.

O que non sabemos aínda é que novas falcatruadas están a maquinar os trastes ‘Phineas y Ferb’.

E moitos máis contidos espérante no ‘Especial Navidad Disney’: ‘TOTS: Transporte Oficial de Peques’, ‘Vuelve Raven’, ‘Bizaardvark’, ‘Coop & Cami’, ‘Jessie’

Así que, xa sabes, este Nadal tes cita coa maxia de Disney. Non a perdas!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.