menú

Especial Mujeres COSMO, en marzo, en rebobina

02/03/2021
Blog R

En marzo, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, temos dispoñible en rebobina, durante todo o mes e en colaboración con COSMO, un ‘Especial Mujeres COSMO’ composto por series completas e pelis protagonizadas por grandes actrices.

‘El escándalo de Christine Keeler’

Ambientada nunha época fascinante de cambio social, durante a Guerra Fría, ‘El escándalo de Christine Keeler’ narra un dos acontecementos máis famosos da historia británica nos anos 60: o caso Profumo. Christine Keeler, unha bailarina e modelo de 19 anos, fixo cambalearse ao mundo da política… e que caese un goberno. Descubre a serie completa en rebobina.

‘Bright Minds’

Unha mente prodixiosa no complicado mundo da investigación criminal. Astrid é unha brillante e inquietante moza autista que, coa súa marabillosa mente e todos os seus coñecementos, axudará a resolver os casos da policía francesa. Coñécea en ‘Bright Minds’.

‘Back to Life’

Pola súa banda, Miri quere reintegrarse nun mundo cheo de prexuízos despois de 18 anos en prisión e volve á súa pequena vila natal preguntándose se poderá refacer a súa vida. Pero a súa contorna máis próxima nin perdoa, nin esquece. Acompaña a Miri no seu intento por empezar de novo en ‘Back to Life’.

‘Las Sufragistas’

Sabías que o movemento sufragista naceu en Inglaterra en vésperas da Primeira Guerra Mundial? Non perdas a película ‘Las Sufragistas’, na que Carey Mulligan se converte en Maud, unha muller que reinvidicou denodadamente a dignidade das mulleres.

‘Million Dollar Baby’

O boxeo non é cousa de mozas… ou si? Dirixida por Clint Eastwood, ‘Million Dollar Baby’ relata a historia de Maggie Fitzgerald, interpretada por Hilary Swank, unha voluntariosa moza que quere boxear e que cada día se machaca no ximnasio para alcanzar o seu obxectivo.

‘Carol’

Pola súa banda, ‘Carol’ retrata o amor entre dúas mulleres, a elegante e sofisticada Carol e unha moza dependenta soñadora, Therese.

‘Millenium’, a triloxía

No noso especial tes tamén a triloxía ‘Millenium’, adaptación cinematográfica da exitosa saga literaria, composta por ‘Los hombres que no amaban a las mujeres’, ‘La chica que soñaba con una cerilla y el bidón de gasolina’ e ‘La reina en el palacio de las corrientes de aire’.

En marzo, vive con COSMO e a televisión R o Mes da Muller. Ademais, o ‘Especial Mujeres COSMO’ vén con agasallo. Non perdas o sorteo que temos preparado nas nosas redes sociais .

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.