menú

Outubro, o noso Mes do Terror

11/10/2019
Blog R

Non esquecerás facilmente outubro. Preparamos un Mes do Terror que vos deixará tremendo e pegados a televisor. Ademais, é gratis para todos os clientes da televisión R. Prohibido perdelo.

Semana de Cine Fantástico y de Terror, Festival de Sitges e Festival Internacional de Cine Fantástico Nocturna. Coñécelos? Son os festivais nacionais que se converteron por méritos propios en referencia do xénero do terror e os tres celébranse en outubro. Así que nos sumamos ao espírito festivaleiro e na televisión R temos listo e preparado un Especial Mes do Terror, que preparamos xunto coa canle Dark e que inclúe unha selección de 18 títulos que pasaron por algunha destas citas.

Semana de Cine Fantástico e de Terror

Imos por partes. Comezamos coa Semana de Cine Fantástico e de Terror. A cita de Donostia converteuse nun referente do fantástico internacional, ofrecendo as mellores películas de xénero do ano, ademais de exposicións e mesmo unha marcha zombi. Un complemento perfecto para o Zinemaldia que se celebra en setembro.

A película vasca “El hoyo” inaugura este ano a que será a edición número 30 do certame. E toma nota dunha cita que ningún afeccionado ao xénero pode perder: o xaponés Hideo Nakata, director de “The Ring”, presenta alí a nova película da saga, “Sadako”, que dirixiu segundo a novela de Kôji Suzuki, creador da historia orixinal.

 


 

Unha selección de películas

O noso especial inclúe 6 películas seleccionadas na Semana de Cine Fantástico e de Terror. Sufrirás co duelo psicolóxico entre un policía e un asasino en serie de ‘Antikörper, el ángel de la oscuridad’; cos tres espíritos vingativos e acosadores de “Los profanadores de tumbas”; ou coa ambición desmedida duns reporteiros que se meten de cheo nunha posible abdución alieníxena en “Evil Aliens”.

Festival de Sitges

Festival de Sitges. Seguramente é o máis coñecido de todos. Atesoura moita historia dende aquelas primeiras proxeccións en setembro do ano 1968, cando xa apuntaba maneiras ao exhibir curtos de  Meliès ou Fritz Lang. Aínda que era difícil imaxinar que os mesmos Berlanga ou Wes Craven presidirían algún día aquel festival ao que nos seus inicios mesmo era difícil chegar por unha estrada non apta para cardíacos.

 


A día de hoxe, o Festival de Sitges desfruta de moi boa saúde: entre público, convidados e acreditados suma máis de 200.000 visitantes por edición. Así que non podía faltar no noso especial Mes do Terror, con películas como “Bahía de sangre”, a cinta de terror italiana que inspirou á mesma “Viernes 13”; a mestura explosiva de tendencias ultra relixiosas e esquizofrenia de “Ed Gein”; ou os sinistros anciáns de “Juego de niños”.

Nocturna Madrid

O máis novo dos festivais é Nocturna Madrid. Pero con só sete edicións xa se gañou o seu posto como cita consolidada para os afeccionados ao cine fantástico, thriller, terror e ciencia ficción que queiran desfrutar das últimas tendencias do cine de xénero. Proxeccións de películas sen estrear, clásicos, convidados, actividades paralelas… todo iso a finais de outubro, case coincidindo coa celebración de Halloween.

Mención especial merece o cartel deste ano. Está inspirado en “El Cuervo”, a película dirixida en 1994 por Alex Proyas, que supuxo unha revolución no seu momento e da que teremos un pase especial polo seu 25 aniversario. Unha auténtica homenaxe ao director, que recibirá neste festival o premio “Maestro del fantástico “. E, por suposto, ao mítico Brandon Lee.

 


Un cadaleito sen enterrar, unha misteriosa casiña de bonecas, desaparicións sen deixar rastro…. Tes no noso especial 6 películas que deixaron pegada no Festival madrileño. Atréveste a descubrilas?

Especial Mes do Terror, gratis en rebobina

Advertímoscho. Un corazón adulto adoita latexar entre 60 e 80 veces ao minuto… a non ser, claro, que se expoña a algunha das secuencias das películas seleccionadas e galardoadas en tres dos mellores festivais de xénero do noso país e que podes desfrutar no noso Especial Mes do Terror. Non o perdas.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.