
O mellor plan de Halloween está na nosa televisión R
Este ano tan atípico merecémonos celebrar a noite máis terrorífica do ano ao grande sen ter que movernos do sofá. Apetécevos? Tomade nota das mellores citas que nos esperan no noso televisivo Halloween.
De bruxas
Entre as lendas e mitos máis enigmáticos e curiosos atopamos un personaxe que, dende a antigüidade, segue aparecendo no imaxinario colectivo: as bruxas ou feiticeiras. Para celebrar o mes máis terrorífico do ano, TCM ofrece os sábados de outubro un especial ‘Cuando fuimos brujas’ que inclúe a estrea da película ‘Cuando fuimos brujas’, restaurada o pasado 2019 e protagonizada por Björk. Non o perdas o sábado 31 a partir das 17:00 h.
As bruxas tamén son as protagonistas en TNT o sábado 31 de outubro, cun alucinante ‘Día de Brujas’ que comeza coa emisión de ‘Pesadillas’, na que Zach Cooper descobre que o seu veciño, autor do bestseller da serie ‘Pesadillas’, ten encerradas ás criaturas das súas historias nos seus libros. A xornada continúa cos monstros de ‘Hotel Transilvania 2’, os misterios de ‘La casa del reloj en la pared’ e a terceira entrega da saga ‘Cazafantamas’.
Morrer de medo … ou de risa
AXN trasládanos o sábado 31 de outubro, a partir das 22:00 h, a un universo de ciencia ficción inquietante con ‘Terminator: tras o día do Xuízo Final’ e ‘Terminator Salvation’, e a un apocalíptico ano 2032 en ‘Terminator: Génesis’.
Para esa mesma noite, AXN White preparounos unha cita ben sinistra cun especial titulado ‘Enseña el colmillo’ no que poderemos desfrutar da saga Crepúsculo e, a partir das 22:00 h, de ‘Underworld: La rebelión de los licántropos’ e ‘Underworld: El despertar’.
Pola súa banda, Syfy celebra Halloween todas as noites de sábado do mes, con títulos como ‘Election: La noche de las bestias’ ou ‘La caverna maldita’.
Pero nun día tan especial tamén hai espazo para o humor, como non, da man de Comedy Central. Un home lobo, pirañas desatadas, vampiros chupasangues e un monstro moi especial tráennos un festival de gargalladas potencialmente mortíferas dende as 19:00 h.
Zombies e pantasmas
Que farán Homer, Marge, Bart e Lisa na noite máis terrorífica do ano? Unha viaxe no tempo, unha pantasma acosadora… Non perdas o ‘Especial Halloween Los Simpsons’ de sobremesa e noite en FOX.
Para os máis peques da casa
Susto ou trato? Nickelodeon e Nick Jr. prepararon senllos maratóns de Halloween cos episodios máis aterradores de ‘Los Thunderman’, ‘Bob Esponja’,’Una casa de locos’ e a estrea do último capítulo de ¿Te da miedo la oscuridad?’ e con novas aventuras de ‘Las aventuras de Paddington’ ou ‘ Rusty Rivets’, respectivamente. A partir das 13:50 en Nickelodeon e dende as 12:10 en Nick Jr.
Tampouco Disney Junior se esquece de Halloween o sábado 31 de outubro. Ás 10:00, 16:30 e 20:30 h, os máis pequenos da casa teñen cita coas series ‘Mickey Mouse Roadster Racers’, ‘La guardia del león’ ou ‘Rocketeer’, entre outras.
Apúntaste ao Halloween televisivo máis terrorífico? Esperámoste na televisión R. E lembra que se perdes algún dos teus contidos favoritos podes recuperalo ata 7 días despois da súa emisión co servizo ‘teloperdiste’.
0 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.