menú

Especial F.B.I: Fiestas Bajo Investigación

10/04/2019
Blog R

Esta Semana Santa temos preparado un especial F.B.I para os máis peques da casa. Poden desfrutar de todo o contido dende o luns 15 de abril ao domingo 21 de abril na canle Nickelodeon da túa televisión R

Los Thunderman

O primeiro dos contidos deste especial céntrase unha familia suburbana e pouco corrente, ten como principal preocupación, manter en secreto os seus súper poderes e intentar vivir como persoas normais. Os xemelgos adolescentes lles complican a misión, xa que mentres un é moi alegre o outro utiliza os seus poderes como vilán. Conseguirán manter o secreto?

A serie “Los Thunderman” emitirase de luns a xoves en Nickelodeon.

Henry Danger

Do creador de Victorious, chega ás pantllas “Henry Danger” Unha serie que se centra na vida do pequeno Henry, un adolescente de 13 anos que cumpriu o soño de ser Kid Danger, é dicir, a man dereita do seu súper heroe favorito, o Capitán Man. A súa verdadeira misión será gardar o secreto entre os seus amigos e compañeiros do colexio pero…conseguirá Henry esta misión?

Esta serie emitirase de luns a xoves en Nickelodeon.

Detective astuto en el Instituto

O venres poderás desfrutar da película “Detective astuto en el Instituto” onde Rover, Jace Norman, ten unha gran habilidade para resolver misterios. Pero o verdadeiro misterio esta, cando o seu pai desaparece en circunstancias un tanto estrañas e Rover poñerá a proba todas as súas habilidades de detective. Conseguirá resolver este misterio?

Bocazas

O sábado os máis pequenos poderán desfrutar da divertida película, “Bocazas”

Un mozo en plena pubertade, vive un contratempo cuns lentes de realidade virtual que lle fai perder a habilidade de pensar en silencio, facendo así que diga en voz alta todo o que se lle pasa pola cabeza. Meterase, Jeremy, en moitos leas?

La leyenda del Templo Escondido

O domingo poderán ver esta película trepidante, “la leyenda del Templo Escondido”na que Noah, Sadie y Dudley o arriscan todo cando as súas vacacións familiares se converten nunha aventura para salvar unha civilización.

Onde se pode ver?

Todos estes contidos, tanto as series, como as películas poderás desfrutalos, se tes na túa casa, o desco 4K. Sintoniza o dial 151 e xa estarás vendo Nikelodeon coa túa televisión R.

Ademais, se os peques teñen algunha actividade e non poden ver os contidos, poderán desfrutar de todo este contido grazas a rebobina, onde terán dispoñibles tanto os capítulos das series como as películas. Desta forma seguro que non lles importa pasar máis tempo con mamá e papá estas vacacións.

Calquera dúbida que te xurda, podes consultarnos a través de calquera das nosas canles.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.