menú

Especial Festival San Sebastián, en rebobina

04/09/2018
Blog R

En setembro propoñémosche unha selección de títulos cos grandes nomes que definiron a historia do prestixioso Festival de Cine de San Sebastián. Desfrútao gratis en rebobina.

‘La desaparición de Eleanor Rigby: Ellos’

Eleanor e Conor son un matrimonio neoiorquino exemplar. Un duro golpe do destino alterará a relación, pero xuntos loitarán por recuperar o seu amor.

‘El club’

Catro curas purgan os seus pecados por pederastia nunha apartada casa. O acoso dun antigo acólito e a chegada dun novo membro alteran as súas vidas.

‘El hijo de Saúl’

Auschwitz, 1944. Saul Auslander é un prisioneiro húngaro que traballa nun dos fornos crematorios de Auschwitz queimando cadáveres de compatriotas.

‘Sunset Song’

Ao norte de Escocia, nunha familia de granxeiros, Chris é unha moza soñadora e adiantada ao seu tempo. Seremos testemuñas do drama que azouta á súa familia, pero tamén dunha extraordinaria historia de amor nunha época de axitación.

‘Maridos’

A morte dun deles desata nun grupo de amigos a traxedia e á vez unha severa reconsideración do que foron as súas vidas ata entón.

‘Blue in the face’

Divertida e tenra mestura entre un documental sobre Brooklyn e historias cotiás protagonizadas por xentes que frecuentan o estanco de Auggie Wren.

‘Pozos de ambición’

Texas, principios do século XX. Historia sobre a familia, a avaricia e a relixión que vira ao redor dun magnate do petróleo que se enfronta ao predicador Eli Sunday no seu intento de apropiarse dun xacemento.

‘Locos en Alabama’

Verán de 1965, nunha pequena localidade do estado sureño de Alabama, a vida do mozo Peter Joseph, alcumado cariñosamente como Peejoe, vese alterada cando a súa tía Lucille lle conta que acaba de cortarlle a cabeza ao seu home.

‘La noche que no acaba’

Documental de produción propia dirixido por Isaki Lacuesta sobre a figura de Ava Gardner durante os anos pasados en España.

‘El último adiós a Bette Davis’

Cinta que recrea a visita de Bette Davis ao certame de cine de San Sebastián a través de testemuños de persoas que coincidiron coa estrela de Hollywood na devandita ocasión.

‘Anatomía de un asasinato’

Frederick Manion é un tenente do exército que é detido tras asasinar ao violador da súa muller. Esta contrata a Biegler, un avogado que necesitará toda a súa audacia para levar a cabo a defensa.

‘Starman’

Un extraterrestre aprende o que significa estar namorado. Cando a súa nave é abatida en Wisconsin, Starman chega ao recóndito refuxio dunha moza viúva, Jenny Hayden, e adopta a forma do seu marido falecido.

‘Gilda’

Johnny Farrell chega a Bos Aires para buscarse a vida. Comeza a traballar nun club nocturno, onde coñece a Gilda, a muller do xerente.

‘El juramento’

Jerry Black é un detective de homicidios de Nevada e celebra a súa xubilación cunha viaxe a México, agasallo dos seus compañeiros. Pero a aparición dunha nena de oito anos asasinada fará imposible o seu retiro.

‘¿Telefóno rojo? Volamos hacia Moscú’

Un paranoico xeneral ordena un ataque sorpresa contra a URSS sen consentimento. O seu axudante e un grupo de políticos e militares tratarán de deter a misión e evitar así a represalia nuclear.

Especial Festival de San Sebastián, dispoñible en rebobina en setembro.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Begoña di:

    Una pena,las vi todas,incluso el maravilloso reportaje de Bette Davis.