menú

Homenaxe ao Festival de Cine Fantástico FANT, en DARK

30/04/2019
Blog R

A XXV edición do Festival de Cine Fantástico de Bilbao (FANT), xa está en marcha para abrir as súas portas o 3 de maio.

Para celebrar este 25 aniversario, DARK e televisión R queren render unha homenaxe ao Festival. Por iso emitiremos dende o día 2 de maio ata o 11 de maio os mellores títulos que pasaron polo certame.

25 aniversario

Este ano o Festival de Cine FANT está de aniversario. Moitas felicidades!

A pesar de que no centro da cidade de Bilbao, desapareceron moitos cines, como en case todas as cidades, este festival conseguiu aumentar espectadores ano tras ano, superando os 10.000 nas últimas edicións.

Nos seus inicios, este festival só incluía curtametraxes, pero ao largo dos seus anos de vida foi incluíndo películas, dende reposicións de culto, a títulos que nunca foron comercializados, así como estreas tanto nacionais como internacionais.

Neste ano tan especial para o FANT, DARK e R uníronse para emitir un especial en homenaxe a eses 25 anos de historia do festival.

 Programación

Dende o xoves 2 de maio ata o sábado 11 de maio, emitiranse títulos que formaron parte da programación do festival.

    • Xoves 2, ás 15:30 h: “El callejón” (2012)
    • Venres 3, ás 15:30 h: “La maldición 2” (2003)
    • Sábado 4, ás 15:30 h: “La noche de los muertos vivientes” (1968)
    • Domingo 5, ás 15:30 h: “La noche del virgen” (2012)
    • Luns 6, ás 15:30 h: “The house on pine street” (2015)
    • Martes 7, ás 15:30 h: “Los crazzies” (1973)
    • Mercores 8, ás 15:30 h: “Aprieta pero raramente ahoga” (2017)
    • Xoves 9 , ás 15:30 h: “Peelers” (2016)
    • Venres 10, ás 15:30 h: “Beyond the gates” (2016)
    • Sábado 11, ás 15:30 h: “The lords of salem” (2012)

The Losd of Salem

Onde o podes ver?

Poderás ver calquera destas películas ou curtas, sempre que teñas contratada a televisión R, coa opción cine. Para ver a programación só terás que sintonizar os seguintes diais:

    • Galicia: dial 12
    • León e Cantabria: dial 44

Recorda que se non tes está opción e queres desfrutar de todas estas marabillas, poderás contratalo de forma moi sinxela,  e nunhas horas terás dispoñible a canle na túa televisión.

rebobina

Se non podes estar na casa á hora da emisión das películas, non pasa nada. Todas elas estarán dispoñibles no servizo baixo demanda de R. Así poderás desfrutalo cando queiras e as veces que queiras.

Se tes calquera dúbida, sobre a contratación ou emisión, estamos á túa disposición en calquera das nosas canles.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.