menú

Especial Festival Cine Sundance, en rebobina

10/01/2019
Blog R

O mellor cine do Festival de Sundance chega á televisión R. Dende o xoves 10 de xaneiro ao sábado 16 de febreiro, tes dispoñible gratis en rebobina un Especial Festival Cine Sundance composto por 20 películas que foron premiadas ou nominadas nalgunha edición do prestixioso Festival.

Estas son as películas que compoñen o especial:

  • ‘Crystal Fairy & the Magical Cactus’: Jamie, obsesionado cun cacto alucinóxeno, emprende unha viaxe polo norte de Chile xunto a tres irmáns e unha nova compañeira, Crystal Fairy.
  • ‘Humpday’: Cando Andrew se presenta na casa de Ben, proponlle ir a unha festa diferente. Pero a festa non resulta ser o que Ben pensaba…
  • ‘Bigger Stronger Faster’: Ambientado nos EE.UU., este documental trata de achegarnos ao bodybuilding advertindo dos riscos do consumo de esteroides.
  • ‘Broken English’: A Nora, unha moza de trinta anos de Nova York, as citas parécenlle cada vez máis frustrantes, ao redor todo parece estar en orde, excepto a súa vida.
  • ‘The Fits’: Toni, unha nena con aparencia masculina, únese a un grupo de mozas que ensaian bailes no ximnasio onde o seu irmán adestra como boxeador.

instinct

  • ‘Spa Night’: Un adolescente norteamericano de orixe coreana comeza a traballar nun spa dos Ángeles. Alí descobre un mundo que o asusta e tamén o atrae.
  • ‘Mi amiga del parque’: Liz, recentemente nai, parece perdida e soa. Visita todos os días o parque próximo á súa casa e alí coñece a Rosa, presunta nai de Clarisa.
  • ‘Caballo ganador’: Historia dun grupo de amigos dun club de homes, que decidiron tomar parte na elite da hípica e criar e adestrar un cabalo de carreiras.
  • ‘As you are’: Por mor dunha investigación policial e con recordos dispares vemos a relación entre tres novos adolescentes a inicios da década de 1990.
  • ‘Bestias del sur salvaje’: Hushpuppy, unha intrépida nena de seis anos, vive co seu pai, Wink, en Bathtub, unha comunidade do sur do Delta do Mississippi.

instinct

  • ‘Searching for Sugar Man’: Nos anos 60, un músico foi descuberto nun bar de Detroit por dous produtores namorados das súas melodías e das súas letras conmovedoras.
  • ‘Free and Easy’: Un vendedor ambulante de xabón chega a unha abatida cidade chinesa cando se produce un crime.
  • ‘Holy Rollers’: A finais dos anos noventa, algúns xudeus jasídicos foron recrutados como ‘mulas’ para transportar éxtase dende Europa cara aos Estados Unidos.
  • ‘Sympathy for Delicious’: Dean, tamén coñecido como ‘Delicious D’, ten unha prometedora carreira musical, pero un accidente de moto déixao paralítico e en cadeira de rodas.
  • ‘Sueño en otro idioma’: Unha milenaria lingua indíxena agoniza: os seus dous últimos falantes pelexaron cincuenta anos atrás e dende entón non se dirixen a palabra.

instinct

  • ‘We Are X’: Documental sobre a lendaria banda de rock xaponesa X Japan, dende a perspectiva do seu cofundador, batería e líder, Yoshiki.
  • ‘Afternoon Delight’: Rachel é un ama de casa insatisfeita coa súa vida. O sexo co seu esposo é case inexistente e o morbo foi substituído pola rutina.
  • ‘All She Can’: Luz García, unha estudante de secundaria, quere algo diferente ás opcións que lle esperan despois da gradación.
  • ‘Middle of Nowhere’: Cando Ruby viaxa nun autobús que atravesa as rúas do centro da cidade, ela mesma esfórzase por afastar os recordos que a angustian.
  • ‘Save the Date’: Despois dunha inoportuna proposta de matrimonio, Sarah, unha muller ferozmente independente, rompe co seu noivo, Kevin.

instinct

Lembra, o mellor cine do Festival de Sundance, dispoñible en rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Ricardo di:

    Porque no lo dan en “cristiano”????.
    Al tener que leer los subtítulos se pierde contenido visual.