menú

Especial Festival de Cine de San Sebastián en rebobina

14/09/2020
Blog R

San Sebastián vístese de gala do 18 ao 26 de setembro para celebrar un ano máis, e xa van 68, a súa cinematográfica cita anual, que este ano chega máis online que nunca e con menos público, marcada pola pandemia, pero sen perder a súa esencia de cita indispensable coa sétima arte.

A historia do Festival de Cine de San Sebastián está estreitamente ligada á propia historia do cine. Sabías que nel estrearon por primeira vez películas Polanski ou Almodóvar e recibiron os seus primeiros galardóns Coppola e Terrence Malick?

En esencia, o certame consta de tres áreas diferenciadas:

Películas, cunhas 200 cintas seleccionadas distribuídas en seis seccións competitivas e en sete non competitivas.
Films-to-be, dirixido á promoción de proxectos en desenvolvemento e películas en fase de postprodución, que inclúe foros para propostas audiovisuais.
Foro ‘Pensamiento y debate’ sobre o mundo do cine. Un foro que ten continuidade ao longo de todo o ano na Elías Querejeta Zine Eskola.

Coincidindo coa edición do Zinemaldia, na televisión R propoñémosvos un especial Festival de Cine de San Sebastián composto por un bo lote de títulos que pasaron polas súas salas e que tedes dispoñible gratis en rebobina durante todo o mes de setembro. Toma nota:

  • ‘Una mujer bajo la influencia’. Concha de Plata y Mejor Actriz, 1975
  • ‘El club’. Sección oficial competitiva Horizontes Latinos, 2015
  • ‘En realidad, nunca estuviste aquí’. Perlas, 2017
  • ‘El árbol de la vida’. FIPRESCI, 2011.
  • ‘La noche que no acaba’. Sección Zabaltegi Especiales 2010
  • ‘El último adiós de Bette Davis’. Sección Zabaltegi 2014
  • ‘Gilda’. Premio Donostia a Glenn Ford, 1987
  • ‘Rain Man’. Premio Donostia a Dustin Hoffman, 2012
  • ‘Thelma y Louise’. Premio Donostia a Susan Sarandon, 1995
  • ‘Horizontes de grandeza’. Premio Donostia Gregory Peck, 1986
  • ‘El sueño eterno’. Premio Donostia a Lauren Bacall, 1992
  • ‘La noche del cazador’. Premio Donostia a Robert Mitchum, 1993
  • ‘Cautivos del mal’. Premio Donostia a Lana Turner, 1994
  • ‘City Hall, la sombra de la corrupción’. Premio Donostia a Al Pacino, 1996
  • ‘Un botín de 500.000 dólares’. Premio Donostia a Jeff Bridges, 2004
  • ‘Platoon’. Premio Donostia a Oliver Stone, 2012

Así que xa sabes, en setembro desfruta do mellor cine de San Sebastián sen moverte do sofá, nós levámoscho a casa. Búscao en rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.