menú

O Festival de Cannes vívese en Sundance TV

29/04/2019
Blog R

Sundance TV emite os sábados e domingos de maio, a partir das 22:30 h, a mellor selección de películas premiadas e nominadas no Festival de Cannes. Mergúllate no prestixioso certame cinematográfico coa televisión R.

Un escaparate de cine

O Festival de Cannes celébrase este ano do 14 ao 25 de maio. Ano tras ano, convértese nun grande escaparate de bo cine. Sundance preparou un especial con algunhas das mellores películas que pasaron polo festival.

  • “Como una imagen” é a primeira película que veremos. Trátase dunha aceda comedia francesa que desmorona unha sociedade baseada na imaxe. Emisión o sábado 4 de maio.
  • O domingo 5 de maio, quenda para “La nostra vita”. O italiano Elio Germano conseguiu o Premio ao Mellor actor en Cannes polo seu papel de pai abatido pola repentina morte da súa muller mentres esperaban o terceiro fillo.
  • O drama romántico italiano “El corazón ausente”, nominado á Palma de Ouro como Mellor Película, emítese o sábado 11 de maio.
  • O domingo 12 de maio, estrea de “La bailarina”, drama musical nominado aos premios Golden Camera, Queer Palm e Un certain Regard.
  • Un pai romanés desesperado pola súa filla é o protagonista do angustiante drama psicolóxico “Los exámenes”. Emisión o sábado 18 de maio.
  • O domingo 19 de maio chega “Vincere”, a biografía de Mussolini dirixida por Marco Bellocchio que foi nominada á Palma de Ouro.
  • A última fin de semana de maio, Sundance TV emite “The Lunchbox”, drama romántico indio sobre o sistema de transporte de comida en Mumbai, e “Johnny Mad Dog: los niños soldado”, que conta a historia de Johnny, un neno soldado armado ata os dentes nun país indeterminado de África.

Como ver o especial Festival de Cannes en R

Podes ver o especial Festival de Cannes se tes contratada a opción cine. Apunta o dial:

  • Galicia: dial 9
  • León e Cantabria: dial 42

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.