menú

Especial ‘Destinos’ en rebobina

18/06/2018
Blog R

Pensando nas vacacións? Toma nota do noso especial ‘Destinos’. Está dispoñible en rebobina dende o sábado 16 de xuño ata final de mes para todos os clientes de televisión R.

O especial inclúe varias series que te trasladarán a paraxes especiais moi diversas e espertarán o teu instinto aventureiro e soñador.

‘Ciudades de noche’

Un percorrido nocturno por algunhas das principais cidades do noso país: Madrid, Barcelona, Sevilla, Xixón, León, A Coruña, Zaragoza, Granada, Bilbao, Málaga, Valencia, Córdoba ou Donosti. Acompáñannos nesta visita rostros coñecidos do mundo da televisión, o cine, o teatro, a danza ou a literatura como Igor Yebra, Javier Ojeda, Gorka Otxoa ou Carolina Ferré.

‘El mundo desde el aire’

A veterana produción propón ao espectador unha forma de escapar diferente na que as cámaras atravesarán o mundo por paraxes inesquecibles de Italia, Xeorxia, Alemaña ou Inglaterra como o castelo de Berkeley, o bosque de Epping, o lago Garda ou os cantís de Moher.

‘Grandes viajes en tren’

En cada viaxe, Philippe Glouger detense para descubrir os monumentos e lugares máis representativos de cada país. Este viaxeiro elixe o tren como medio de transporte, unha opción que lle permite tomarse o seu tempo para soñar e coñecer xente moi diversa. Descubre con Philippe paraxes inesquecibles de Corea, Suecia ou o sur de Italia.

‘El viajero comprometido’

Como viaxar e facer turismo respectando a cultura e o medio ambiente? Un turismo alternativo que suma vacacións, enriquecemento cultural e solidariedade. Ecoturismo, deportes de aventura, turismo solidario, música independente; esta serie móstranos un tipo de turismo cada vez máis en auxe.

‘Viajes de lujo’

O mellor do mellor dentro da industria hostaleira internacional. Queres saber a que dedican o seu tempo de lecer os hóspedes dos hoteis de elite? Quizais pesca deportiva, polo, golf ou sinxelamente un intre no casino. Unha visita guiada a todo aquilo que leva á jet set a visitar os destinos vacacionais máis ultraexclusivos do mundo.

En xuño, prepara a maleta que imos de viaxe con rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.