
Decora a túa casa coa televisión R en xuño
Apetéceche un cambio de look para ese fogar no que tantas horas pasaches nos últimos meses? Toma nota das moitas ideas e propostas que reúne o ‘Especial Decoración’ que tes dispoñible gratis en rebobina durante todo o mes de xuño.
O ‘Especial Decoración’ conta con 5 series de produción propia e máis de 70 episodios cunha chea de ideas para decorar a casa.
Interiores, reformas e moita creatividade
Comezamos cunha auténtica festa da decoración. Os ‘Especiais Casa Decor 2020’ móstrannos espazos decorados polos mellores interioristas. É o lugar ideal no que coñecer as últimas tendencias do interiorismo.
Non pode faltar unha das caras máis recoñecidas da canle Decasa: Chus Cano e o seu programa ‘Con el toque de Chus’. Só ela é capaz de lle dar un novo aire a un salón de inspiración vintage; de transformar un soportal máis que destartalado; de crear un fantástico recuncho para almacenar as correas dos cans; ou de crear prácticos espazos de almacenaxe nun despacho.
Pola súa banda, Laura Martínez enfróntase en ‘Customiza tu casa’ ao reto de transfomar as pequenas estancias da casa co seu toque persoal, artesanal e moita creatividade. Coñecedes a alguén máis capaz de converter unha lata de conservas nunha lámpada de mesa ou de crear un portacandeas con cemento?
E xa que nos poñemos creativos, a influencer Gema Casado descóbrenos un mundo cheo de posibilidades para que coas súas ideas e consellos aprendamos a facer decoracións creativas. Non perdas ‘Decoración creativa’.
Eugenia Zavaroni sabe ver tesouros onde outros ven descartes. A nosa ‘Recicladora de muebles’ ten a misión de renovar, reciclar e maximizar o uso de obxectos cotiáns, dándolles novos usos tan orixinais como útiles.
Así que xa sabes, en xuño, pon a proba a túa creatividade e convértete no teu mellor interiorista co noso ‘Especial Decoración’.
0 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.