menú

A mellor selección de cine, na televisión R

17/11/2020
Blog R

Volvemos pasar máis tempo na casa, e na televisión R non descansamos para ampliar e diversificar a nosa oferta de entretemento. Porque sempre é bo momento para desfrutar do mellor cine, non credes? Así que temos dispoñible gratis en rebobina un especial de cine do 16 de novembro ao 15 de decembro.

O noso Especial Festival Internacional de Cine de Xixón inclúe unha selección de 20 películas que foron elixidas por parte da propia dirección do certame. Dividímolo en catro grandes categorías:

‘¡Vaya bichos!’

Espazo para o mellor cine de animación con títulos como ‘Astérix en América’, ‘El malvado zorro feroz’ e, como non, a peli que comparte nome coa sección, ¡Vaya Bichos!

‘Comedia Europea reciente’

Imos de ‘Barbacoa de amigos’; sacamos o noso lado máis tenro con ‘El abuelo que saltó por la ventana y se largó’ e ‘El amor está en el aire’ ou preparámonos para unha ‘Nueva vida en Nueva York’.

‘Arte y oficio’

Na música, no deporte, no cine ou na política, o camiño do éxito nunca é fácil e así o reflicten cintas como ‘Bárbara’, ‘Entendiendo a Ingmar Bergman’, ‘Hitchcock/Truffaut’ ou ‘Walesa, la esperanza de un pueblo’.

‘En busca del Óscar’

A estatuíña máis prezada está ao alcance de moi poucos e no noso especial temos algúns deses filmes elixidos e recoñecidos en Hollywood, tales como ‘En un lugar de África’, ‘Orfeo negro’, ‘Gosford Park’ ou ‘La reina de África’.

Apetéceche desfrutar de bo cine sen moverte da túa casa? Entra en rebobina e descubre o Especial Festival Internacional de Cine de Xixón da televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.