menú

Especial Cine Nórdico en rebobina

02/08/2018
Blog R

Sabemos que o ‘bo facer’ nórdico en cine e series suma adeptos cada día. En rebobina, apuntámonos ao fenómeno e en agosto temos dispoñible un especial coa mellor selección de cine nórdico.

Suspense

  • ‘Bienaventurados los sedientos’. A detective Hanne Wilhelmsen investiga un caso de violación que parece estar conectado coa chamada ‘masacre do sábado’.
  • ‘El ojo de Eva’. Eva é unha moza pintora de escaso éxito. Un día topa con Maja, unha vella amiga que tenta convencela para que se gañe a vida como prostituta.
  • ‘Medidas extremas’. Finnur é un cardiocirurxián de éxito. A súa vida familiar empeza a complicarse cando Anna, a súa filla maior, inicia unha relación cun traficante de drogas.
  • ‘Roseanna’. O corpo dunha moza aparece no precioso lago Vattern, en Suecia. Tres meses despois, o inspector Martin Beck apenas sabe que o seu nome era Roseanna.
  • ‘The salvation’. Ao matar o home que asasinou a toda a súa familia, John esperta a furia do xefe Delarue.
  • ‘Uno tras otro. Nils é un tipo agradable de bos modais que traballa como condutor quitaneves nas montañas de Noruega. Cando o seu fillo morre por unha sobredose de drogas, Nils négase a crer nos resultados do informe policial.
  • ‘Operación Telemark’. Thriller bélico de seis episodios ambientado en Estocolmo, en 1933. O científico alemán Werner Heisenberg recibe o Premio Nobel de Física e é felicitado polo seu mentor, o tamén Premio Nobel Niels Bohr. Ninguén sospeita que é o inicio dunha carreira frenética por parte do réxime nazi para desenvolver a bomba atómica.

Acción

  • ‘Borning: Más rápido, más peligroso’.Cando Roy sae do cárcere despois de cumprir condena por participar nunha carreira ilegal, está decidido a recuperar a súa vida e ser un bo exemplo para a súa filla Nina.

Drama

  • ‘El elemento del crimen’. O ex detective Leopold Fisher decide tomar unha sesión de hipnose para aclarar os estraños sucesos derivados do seu último caso.
  • ‘Elvira Madigan’. Século XIX. Elvira Madigan é unha moza equilibrista que coñece a Sixten Sparre, un oficial do exército sueco de orixe nobre, casado e con dous fillos. Namóranse perdidamente e deciden abandonalo todo.
  • ‘Fanny y Alexander’. Serie de televisión con cinco episodios ambientada na Suecia de principios do século XX. Fanny e Alexander son dous irmáns de oito e dez anos que pertencen a unha familia dedicada ao teatro. Cando morre o seu pai, a nai volve casar cun pastor protestante e o ambiente cálido do fogar pérdese.
  • ‘La vergüenza’. Fuxindo da guerra civil que arrasa o seu país, un matrimonio de músicos van vivir a unha illa, apartados do mundo.

Comedia

  • ‘Hugo y Josefina’. Josefina é unha nena de seis anos que vive illada no campo, xunto ao seu pai sacerdote. Ela non ten amigos ata que coñece a Hugo.

Desfruta en agosto coa mellor selección de cine nórdico en rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

9 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Eugenio di:

    En “Operación Telemark” el episodio 4 y 5 estan intercambiados, es decir el 4 tendría que ser el 5 y el 5 tendría que ser el 4.

  2. Mary lopez di:

    No logri suscribirme al edoecial cine sueco

  3. Pedro A. González di:

    ¿Dónde puedo verlo? Porque he explorado “Rebobina” tanto ne el desco como desde el ordenador y no doy con esas películas.

    Considero que cuando hacéis una promoción de este tipo, debe aparecer como una sección específca en “Rebobina”, para que sea de fácil y rápido acceso.

    Aprovecho para haceros otra sugerencia respecto a Rebobina: me gustaría que cuando accedo a este espacio del desco, me preguntase inmediatamente si deseo continuar viendo el espacio que dejé inacabado en mi sesión anterior.

    Saludos

    • Hola, Pedro.

      Precisamente hay una sección específica creada. Te paso una captura de mi deco 4K una vez que accedo a rebobina:

      Cine nórdico en rebobina

      Cada vez vamos cambiando esa sección para que esté visible. En el deco HD (el negro rectangular), ya aparece también nada más acceder a rebobina, en la portada. Y dentro de la sección específica de rebobina, con un botón destacado:

      Cine nórdico en el deco HD de R

      Cine nórdico en el deco HD de R

      Comentamos con cualquier duda.

      Un saludo.