
Cita co mellor cine francés en rebobina
Dende o luns 8 de febreiro e ata final de mes temos dispoñible gratis, en rebobina, un ‘Especial Cine Francés’, composto por un total de 18 títulos, entre os que hai dende grandes clásicos ata películas contemporáneas que foron recoñecidas e galardoadas en prestixiosos festivais.
Propoñémosvos unha cinematográfica viaxe por Francia comezando con títulos como o inesquecible ‘Hiroshima mon amour’; os musicais clásicos ‘Los paraguas de Cherburgo’ e ‘Las señoritas de Rochefort’; ou o multipremiado ‘Cuento de otoño’, de Éric Rohmer.
O especial inclúe tamén películas recoñecidas nos premios máis importantes como ‘Caras y lugares’, documental nominado ao Óscar, e ‘Mustang’, nominada a Mellor película de fala non inglesa nos premios Óscar, Globos de Ouro e BAFTA.
O cine de animación está presente con ‘El malvado zorro feroz’. E tamén o humor, coas comedias ‘Guillaume y los chicos, ¡a la mesa!’, ‘Mañana empieza todo’, ‘El Chef, la receta de la felicidad’ e ‘Los mejores amigos del mundo’; con romance incluído en ‘Un amor de altura’; e con celos incorporados en ‘Algo celosa’.
‘El insulto’ é un drama xudicial co conflito do Líbano como pano de fondo. E as secuelas da guerra tamén están presentes en ‘Alto el fuego’.
No noso especial non faltan as mulleres con carácter e valentía: en ‘Darling’, en ‘Madame Marguerite’ e na súa vertente máis dura, en ‘Revenge’.
En febreiro convidámoste a desfrutar do mellor cine chegado dos nosos veciños do norte. Non perdas o ‘Especial Cine Francés’ na televisión R.
9 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
LLevamos toda la pandemia con novedades de cine y televisión, ¿de verdad que no tienes ninguna novedad de tarifas con todas las que han salido?, a los clientes nos interesan mejoras de cuotas y servicios
Hola, Jose.
En el anterior artículo justo informamos de los cambios de productos y tarifas.
Si estás interesado, puedes contactar con mis compañeros de fidelización en el 1449, pulsando la opción 4 y luego 4 otra vez, para que te orienten sobre que puede adaptarse mejor a tus necesidades.
Un saludo.
No he visto compañía menos transparente que R. Salvo las ofertas para nuevos clientes, el resto en vez de estar expuestas claramente en la web para poder comparar y hacer números (como estaban antiguamente) ahora se te remite sí o sí al 1449 para que te digan lo que hay disponible. Y según quien te atienda, te puede contar una cosa u otra en cada momento. Encima luego hay que escuchar un contestador diciendo que “…puedes agilizar las gestiones desde la web o desde la app…”. Tienes toda la razón, jose, un pitorreo lo de la transparencia de los combos/tarifas de R para los ya sufridores clientes.
Hola, Lukitas.
Si necesitas ayuda para alguna gestión, puedes escribirme con tus datos y la solicitud a R-al-habla@mundo-R.net.
Me comentas con lo que sea.
Un saludo.
Buen cine es el que nos hace falta, gracias por este ciclo.
Vexo con sorpresa que logo de meses aguardando, por fin engaden na grella de radio: Rock FM, recordo que como R vai a rebufo da actualidade, dende fai tempo tamén están
Los40 Classic
Los40 Urban
Radolé
… por si teñen a ben?
Noutro orden de cousas agradecer o gran canle de TV que engadiron iste mes EWTM!
…. mi madriña!! Supoño que alguén lle interesara…
Ola, Xosé.
Intentamos ter a maior variadade de contidos na nosa grella.
Temos en conta as emisoras que nos comenta para novas incorporacións.
Un saúdo.
Boas, estou tentando sintonizar 24h HD pola tdt de R e non son capaz, pola tdt da comunidade sin problema, arranxen cando podan…
Saúdos
Ola, Xosé.
Para poder revisar a configuración o mellor é que contactes cos meus compañeiros de soporte técnico no 1449, opción 2 ou podes abrir unha incidencia a través da web de clientes pulsando na seguinte ligazón: http://i.r.gal/9n
Lamento as molestias. Un saúdo.