
Descubre o noso ‘Especial cine AXN White’ en rebobina
Na televisión R sempre queremos ofrecervos as mellores opcións de entretemento para todos os públicos e para todos os gustos. E unha boa peli sempre é un gran plan para desfrutar dunha invernal xornada caseira, así que dende o mércores 20 de xaneiro está dispoñible gratis en rebobina o ‘Especial Cine AXN White’.
Un total de 15 películas repletas de acción, humor, amor e suspense. Toma nota.
Para empezar, acción, coas batallas épicas de ‘El acantilado rojo’ e coas investigacións de ‘Wind River’ e ‘Triple 9’.
De amor e romance. Ao estilo clásico con ‘Cartas a Julieta’, ‘Otoño en Nueva York’ e ‘Enamorarse’; con toque de humor en ‘De boda en boda’, ‘Nunca entre amigos’, ‘Un día cualquiera’ e ‘La fórmula de la felicidad’; e cando o amor pode con todo en ‘Un nuevo amanecer’.
A procura do fillo descoñecido de ‘Philomena’ e o camiño vital de ‘El árbol de la vida’ enfróntannos coa realidade, pero sempre podemos facelo ao estilo Harry en ‘Desmontando a Harry’ e plasmar as nosas desventuras e as dos que nos rodean nun libro, ou ao modo francés de ‘Familia a la fuerza’, cando irrompe na túa casa aquilo que menos esperabas.
Xa elixiches cal verás en primeiro lugar? Tes ata o luns 8 de febreiro para desfrutar do noso ‘Especial Cine AXN White’. Apúntaste?
0 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.