menú

Febreiro, un mes de cine en rebobina

13/02/2020
Blog R

BAFTA, Independent Spirit Awards, César, Óscar e mesmo os Razzie. O mellor cine, e o peor, teñen cita en febreiro cos premios máis importantes da industria. Na televisión R tamén somos moi cinéfilos e temos dispoñible gratis en rebobina ata finais de mes un ‘Especial Cine AXN’.

A chamada ‘sétima arte’ conta xa con 125 anos de historia ás súas costas. Foi en 1895 cando os irmáns Lumière proxectaron no Grand Café de París a primeira película.

O novo invento non tardou moito en cruzar os Pirineos. Sabedes cando fomos por primeira vez ao cine en España? En 1896 e custounos una peseta. Que cine se facía nesa época? Cine costumista e, sorprendentemente, películas de terror.

A orixe dos premios

Tiveron que pasar varias décadas para que se decidisen a premiar esta nova arte. Os Óscar son os premios máis antigos do mundo. A primeira cerimonia de entrega tivo lugar en 1929. Por que se chama Óscar? Para moitos, o nome débese a unha bibliotecaria da Academia de Cine que viu na figura un parecido máis que razoable cun tío seu chamado Óscar.


Os premios Goya, dos que acabamos de vivir a súa edición número 34, entréganse dende 1987. A película máis nominada é ‘Días contados’ e a máis galardoada, ‘Mar adentro’.

En 1953 estreouse un dos festivais máis recoñecidos: o Festival de San Sebastián. Sabedes quen foi a primeira gran estrela que lle deu renome ao certame? O recentemente falecido Kirk Douglas, que en 1958 veu a presentar a película ‘Vikingos’.

Contidos do noso ‘Especial Cine AXN’

Se es fan de Woody Allen, non perdas ‘Acordes y desacuerdos’ e ‘La maldición del escorpión de Jade’.

Outlet de R Lenovo D330 4GB + 64GB

Queres adrenalina? ‘Wasabi: El Trato Sucio de la Mafia’, ‘Código de defensa’, ‘Distrito 13’, ‘El último golpe’, Blood Father’ e ‘El caso Heineken’.

Toca sesión de cine en familia? ‘Spy Kids 4’, ‘The Voices’ ou ‘La gran Gilly Hopkins’.

Gústanche as biografías? Temos de boxeadores, ‘Ali’, con Will Smith; de ‘espías’, ‘Snowden’; e con romance presidencial incorporado, ‘Michelle e Obama’.

Se queres misterio, ‘La flor del mal’.

Ou podes quedarte co encanto de ‘La modista’, protagonizada por Kate Winslet.

Así que xa sabes, prepara flocos de millo, acomódate no sofá, accede ao ‘Especial Cine AXN’ na portada de rebobina e desfruta de bo cine coa televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.