menú
Especial XTRM

Series e películas de acción, gratis, en rebobina

03/05/2019
Blog R

As mellores series e o cine de acción máis duro agardan por ti no especial Acción XTRM.

Telo dispoñible gratis en rebobina en maio. Vive a acción na televisión R.

Un trío de series

Tres series forman parte do especial: “Sucesor designado”, ” Rogue” e “Ice”.

  • “Sucesor designado” é a historia dun home ordinario que se ve envolto nunha situación extraordinaria. Tom Kirkman, Secretario de Vivenda, sucesor designado nese momento, é nomeado presidente dos Estados Unidos tras un ataque terrorista no Capitolio durante o discurso do Estado da Nación. A serie está protagonizada por Kiefer Sutherland (gañador dun Emmy e dun Globo de Ouro polo seu papel de Jack Bauer en “24”).
  • “Rogue” xira ao redor de Grace Travis, unha policía encuberta atormentada pola posibilidade de que o seu traballo tivese que ver coa morte do seu fillo. Este complexo thriller céntrase nos personaxes, explora a perda, a dor, a identidade, os vínculos familiares, as segundas oportunidades e a redención.
  • “Ice” lévanos dende as conflitivas rúas de Los Ángeles ás grandes casas de diamantes en Anveres, Bélxica, e aos diamantes de sangue en África. Tras un terrible accidente, dous irmáns dunha prestixiosa familia de comerciantes de diamantes vénse obrigados a traballar para un perigoso xefe do crime que trafica con diamantes de sangue.

Cine con acción en estado puro

Por outra banda, neste especial tes unha ducia de películas que farán as delicias dos amantes das emocións fortes. Repasámolas:

  • “Comando pitón”
  • “RoboCroc”
  • “La amenaza solar”
  • “Target (El desafío)”
  • “Off Piste”
  • “Blood Money”
  • “Backseat Fighter”
  • “Agentes secretos”
  • “Deudas de sangre”
  • “Dark Warrior”
  • “Kill Order”
  • “Black Rose”

Avións militares, foguetes, científicos, francotiradores, guerreiros, soldados, organizacións segredas e mesmo asasinos en serie estarán nos títulos de cine do especial Acción XTRM.

Lembra, sexas da opción de televisión que sexas, tes todo un mes, dende o xoves 2 de maio ao luns 3 de xuño, para poder desfrutar sen custo destes contidos en rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

5 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Xos di:

    Intentaba ver a tempada 1 de ‘Absentia’ pero no está… Mágoa