menú

Como se vive San Valentín na televisión R?

11/02/2021
Blog R

Chega San Valentín, ese día do ano polo que algúns/as suspiran, do que outros/as renegan, algúns/as din esquecer e que para outros/as nin existe no calendario. Sexa cal sexa o teu caso, propoñémosche varios plans televisivos moi especiais que podes atopar na nosa televisión R.

O domingo 14 de febreiro, Comedy Central celebra San Valentín dende as 11:30 h cun maratón de episodios que percorren as idas e vindas de Ross e Rachel en ‘Friends’. E a partir das 15:30 h, un maratón de cine que reúne un selecto grupo de solteiros de ouro en ‘El príncipe de Zamunda’, ‘Tenemos que hablar’ ou ‘Matrimonio compulsivo’.

En COSMO cren que ‘El amor es para valientes’, tal e como titulan o seu especial de programación para a fin de semana do sábado 13 e o domingo 14 de febreiro con 3 cines de tarde tematizados, con pelis como ‘Sentido y sensibilidad’, ‘¿Qué les pasa a los hombres?’ ou ‘Come, reza, ama’, e un maratón das dúas tempadas de ‘Fleabag’.


De historias imperfectas e parellas moi pouco convencionais vai o ‘Especial Cupido´s day’ que TNT preparou para o domingo 14. Comeza con ”Los fantasmas de mis ex novias’; segue con McConaughey de protagonista, pero esta vez emparellado con Kate Hudson en ‘Como locos a por el oro’; cede a quenda a continuación a un clásico das pelis románticas que non pode faltar, ‘Pretty Woman’ e termina co enredo a golpe de comedia de Adam Sandler e Jennifer Aniston en ‘Sígueme el rollo’.

O amor move montañas e move tamén a maioría das historias que vemos na gran pantalla e TCM proponse reunir películas que tratan o amor entre seres humanos e non-humanos, xa sexan bonecas, licántropos ou sistemas operativos, nun maratón especial que durará todo o día 14, día de San Valentín. Non perdas títulos como ‘La mujer pantera’, ‘Me enamoré de una bruja’ e ‘La novia cadáver’.


En FOX Life, San Valentín interprétase de formas moi diversas: á inglesa e con toque do Nadal en ‘Love Actually’; por sorpresa en ‘Perdona si te llamo amor’ ou ao máis puro estilo Disney en ‘La bella y la bestia’, entre outras.

A fantasía romántica da saga Crepúsculo é a protagonista dun día tan especial en AXN White acompañada, entre outros títulos, de ‘Cartas a Julieta’, ‘Otoño en Nueva York’ e ‘Jerry Maguire’.

Para os máis novos da casa, o mellor plan televisivo de San Valentín está en Nickelodeon. Mira como os teus personaxes favoritos de Nickelodeon se namoran cunha selección de episodios especiais de ‘Spyders’, ‘Henry Danger’, ‘Nicky, Ricky, Dicky y Dawn’, ‘Los Thunderman’, ‘Los Casagrande’, ‘Bob Esponja’ e ‘Game Shakers’.

Apúntaste aos nosos televisivos plans para San Valentín?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.