menú

‘Emma’, con Anya Taylor-Joy, estréase na televisión R

23/06/2021
Blog R

Anya Taylor-Joy, a protagonista da exitosa serie ‘Gambito de dama’, é Emma na irónica e fiel adaptación da novela homónima de Jane Austen que chega a M. Estrenos o venres 25 de xuño.

Seguro que coñeces o punto de partida do clásico literario de 1815: Emma Woodhouse, unha bela e intelixente aristócrata do século XIX, leva vivindo case 21 anos sen toparse con ningún contratempo. Convencida de que é unha casamenteira perfecta, manexa ao seu antollo a vida amorosa do resto de habitantes da súa soporífera aldeíña inglesa. Pero, que pasa coa súa?


A responsable do guión é a escritora Eleanor Catton, gañadora do premio Man Booker por ‘Las luminarias’, quen, dende o humor e a ironía, recupera temas sempre vixentes como a hipocrisía, a manipulación e as relacións de poder.

‘Emma’ supón a estrea na dirección da fotógrafa Autumn de Wilde, quen dota ao material orixinal dunha frescura atemporal, dunha colorida ambientación e dunha picardía pouco exploradas en anteriores versións da obra.

Anya Taylor-Joy conseguiu a nominación nos Globos de Ouro a “mellor actriz de comedia o musical” polo seu papel de ‘Emma’. Completan o elenco desta comedia romántica con toques de sátira o músico Johnny Flynn, Josh O’Connor (o príncipe Carlos de Gales en ‘The Crown’), Callum Turner e Bill Nighy.

Non é a primeira vez que o clásico ‘Emma’ chega ás nosas pantallas, pois xa conta con numerosas adaptacións previas, entre as que destacan a película de 1996 con Gwyneth Paltrow e a miniserie de 2009 con Romola Garai.

Non perdas na televisión R esta nova visión cinematográfica da aclamada comedia de Jane Austen sobre o amor e todas as súas sorpresas.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.