menú

Elas son cine, en Sundance

28/10/2019
Blog R

As mulleres son protagonistas en novembro no cine da televisión R. Sundance emite os luns 4 e 11 pola noite o especial “Ellas son cine”, con películas escritas e dirixidas por mulleres.

Catro directoras para catro grandes películas

O especial comeza o luns 4 con “La cabeza alta”. Emmanuelle Bercot asina este drama sobre un delincuente adolescente e o seu xuíz de menores que se converteu na película inaugural de Cannes.

Deseguido emítese “Little Accidents”, de Sara Colangelo. Antes de gañar o Premio a Mellor Directora en Sundance con “La profesora de Parvulario”, xa escribira e dirixira este drama sobre un accidente mortal nunha mina, nominado a Mellor Guión nos Independent Spirit Awards.

Isabelle Mergault escribe e dirixe a orixinal comedia de enredo “Por fin viuda”, que veremos en Sundance o luns 11 ás 22:30 h. A protagonista é Michèle Laroque, que se enfronta sen ningún sentimentalismo á súa viuvez.

O especial despídese con “The Freebie”, a primeira película da tamén actriz Katie Aselton. Trátase dunha comedia romántica con tinguiduras independentes na que unha parella decide tomarse unha noite libre, sen facer preguntas ao respecto.

Como ver o especial “Ellas son cine”

Só debes ter a opción ocio da túa televisión R. Apunta o dial.

    • Galicia: dial 9
    • León e Cantabria: dial 42

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.