
‘El desorden que dejas’, a aposta galega de Netflix
“E ti, canto vas tardar en morrer?” Así de contundente é a nota que Raquel atopa no seu bolso o primeiro día de traballo en Novariz, o ficticio pobo galego ao que Netflix nos traslada a partir do venres 11 de decembro con ‘El desorden que dejas’.
‘El desorden que dejas’ é a primeira produción orixinal de Netflix gravada integramente en Galicia.
A protagonista é Raquel, unha profesora de literatura que vén de aceptar unha suplencia no instituto do pobo do seu marido. A súa ilusión por impartir clases darase de bruzos cuns alumnos que a reciben cunha macabra benvida. Pronto descubrirá quen era a profesora á que substitúe e como marcou a vida de todos. Obsesionada coa sospeitosa morte que ocorreu alí tres semanas antes, empeza a temer pola súa vida.
Un thriller psicolóxico con acento galego
‘El desorden que dejas’ é unha serie de 8 episodios protagonizada por Inma Cuesta, Bárbara Lennie, Arón Piper, Roberto Enríquez e os galegos Tamar Novas, Xosé Antonio Touriñán ou Susana Dans, entre moitos outros nomes locais.
Drama e suspense combínanse nesta historia baseada na novela homónima do ourensán Carlos Montero, gañadora do Premio Primavera de Novela no 2016. Montero é, ademais dun galardoado escritor, un recoñecido guionista de televisión artífice de éxitos como ‘El comisario’, ‘Física y Química’ e, máis recentemente, ‘Élite’, tamén dispoñible en Netflix.
Producida por Vaca Films e rodada en Galicia, a serie percorre recunchos emblemáticos como a Ribeira Sacra e os canóns do Sil, a Galicia interior, as termas de Ourense ou os céntricos Cantóns da cidade de A Coruña.
Queres saber por que ‘morrer é unha arte’? Non perdas ‘El desorden que dejas’, gozarás dunha boa historia á vez que descobres, ou redescobres, fantásticas paisaxes da xeografía galega.
Ademais, lembra que este Nadal che regalamos Netflix Fan durante 1 mes.
3 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Podria serme util si no me tuvieran sin servicio de Tvcomigo, desde el mes de Octubre
Hola, Eugenio.
Como ya te he comentado en otro hilo, estamos trabajando en la incidencia y que puedas disfrutar del servicio.
Un saludo.
Xenial! Mireia dun tirón!! Os Actores e Actrices de 10
Moi entretenida e con suspense ata o final!!