menú

DreamWorks, canle convidada en xaneiro

11/01/2022
Blog R

Os Reis Magos de R chegan este ano cunha gran noticia televisiva para os/as máis pequenos/as da casa. En xaneiro, temos a canle DreamWorks en aberto para todos/as os/as clientes/as.

Apetéceche coñecer os personaxes que te esperan en DreamWorks?

‘La próxima gran aventura de Archibaldo’

Comezamos por Archibaldo Garboso. Aínda que en numerosas ocasións perde o norte, este pito sempre consegue atopar o camiño para volver a casa, unha vivenda con forma de ovo no centro de Villacáscara na que vive cos seus tres irmáns Sansón, Flavio e Loira e a súa colega Bea.

‘La próxima gran aventura de Archibaldo’, xurdida da mente do enxeñoso actor, director e produtor Tony Hale, é unha divertida comedia que nos ensina a gozar do momento e coa que aprendemos que a vida é toda unha aventura. De luns a venres, ás 13:00 h, descubre o optimista Archibaldo.

‘Voltron, el defensor legendario’

Dende tempos inmemoriais e dende as terras máis remotas do universo chega ‘Voltron, el defensor legendario’. Cinco inxenuos adolescentes da Terra vénse envoltos nunha épica guerra intergaláctica e convértense en pilotos de cinco leóns robóticos nunha batalla para defender ao universo do mal.


Descubrirán que o traballo en equipo é a clave para unir forzas e converterse en Voltron, o gran guerreiro. As fins de semana, ás 10:30 h, non perdas as aventuras de Voltron.

‘Chicas Harvey Forever’

As mozas Harvey tamén volven a DreamWorks en xaneiro con novos episodios. Richie decide mudarse a Harvey Street para decatarse de que vai todo isto da ‘infancia’.


As mozas viven novas aventuras da man deste amigo que conta con recursos infinitos… e o seu propio jet privado! E Richie descobre que as experiencias máis divertidas e emocionantes gózanse aínda máis cando se comparten con amigos de verdade. A cita con ‘Chicas Harvey Forever’ é as fins de semana ás 07:00 h.

Lembra, en xaneiro, diversión para toda a familia con DreamWorks. E a partir de febreiro podes seguir gozando da canle coa túa opción total TV.

Servizo de TV prestado por (Over The Top Networks Ibérica, S.L.U. con NIF B-86588639, con Domicilio Social en C. Casanova 209, principal 1ª – 08021, Barcelona). https://www.agile-tv.es

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Xosé di:

    Olá boa tarde!
    Vexo a incorporación de BOM cine e EscapaTV e quería suxerir que BOM fora colocado onde están as canles de cine.
    Un saúdo