menú

Regresa o documental Cruceros de Ensueño

09/04/2019
Blog R

Regresa, en abril, a quinta tempada de cruceiros de soño, en Canal Viajar. O documental ofrecerá nesta entrega a seu tradicional percorrido por distintos cruceiros de África, o Mediterráneo o Caribe, entre outros destinos. Ademais, nesta nova tempada, incluirán cruceiros fluviais, algo que nunca se emitira con anterioridade. Nesta parte mostraranse as travesías a través dos ríos do continente. Hai que destacar que o 5 de xuño se emitirá un especial dedicado ao río Douro. Non o perdas!

Episodios de Cruceros de Ensueño

O ano 2018 foi un bo ano para este tipo de turismo, cun aumento de case un 10% respecto aos anteriores anos. Aproximadamente dez millóns de pasaxeiros estiveron en transito nalgún dos vinte seis portos dispoñibles para este tipo de actividade.

Esta industria de luxo non para de crecer e por este motivo a Canal Viajar conta con este documental, para adentrarse na verdadeira realidade destes navíos.

  • Episodio 1: “El oeste y norte de Europa a bordo del Costa Mágica” (17 abril ás 17:30 h). Embarcaranse no Costa Mágica para desfrutar de un cruceiro por Italia e Suecia, botando a áncora, ademais, en cidades tan míticas como Barcelona, Copenhague, Vigo e Harwich.
  • Episodio 2: “La Europa septentrional a bordo del Costa Mediterránea” (24 abril ás 17:30 h). Neste caso viaxarán nun Costa Mediterránea, para descubrir a Europa setentrional e visitar Ámsterdan, coas súas canles de Bruxas. Achegaranse a Dover e Hamburgo.
  • Episodio 3: “Centroeuropa a bordo del Ms. Joy” (1 de maio ás 17:30 h). Realizarán o seu primeiro perrecorrido fluvial por Centroeuropa, descubrindo xoias como Alemaña, Austria, Eslovaquia e República Checa, todo iso mentres o espectador desfruta da vida a bordo dun cruceiro fluvial Ms. Joy.
  • Episodio 4: “Las Antillas menores a bordo del Silver Muse” (8 de maio ás 17:30 h). Neste caso vanse ao Caribe onde viaxarán polo Silver Muse, para descubrir Barbados, Granada, Antiga e Barbuda e San Bartolomé.
  • Episodio 5: “El Caribe Oriental a bordo del MSC Seaside” (15 de maio ás 17:30 h). Subirán a bordo dun MSC Seaside para realizar unha travesía pola praia de arena branca de Porto Rico, San Martín e as Bahamas.
  • Episodio 6: “El África austral a bordo del Ms. African Dream” (22 de maio ás 17:30 h). Da man de MS. African Dream, realizarán outro cruceiro fluvial a través do río Zambeze, onde visitarán países como Botsuana, Zimbabue e Namibia. Neste caso completarase a viaxe cunha degustación dunha gastronomía moi refinada.
  • Episodio 7: “El Caribe occidental a bordo del Carnival Horizon” (29 de maio ás 117:30 h). Explorarán as zonas do Caribe Occidental, embarcados no Carnival Horizon.
  • Episodio 8: “El valle del río Duero a bordo del MS Gil Eanes” (5 de xuño ás 17:30 h). Culminarán a tempada a bordo do MS Gil Eanes para unha travesía polo río Douro, que atravesa territorios de España e Portugal. Adentrarase nas zonas vinícolas da ribeira do Douro e de Oporto. Ademais de desfrutar dunha luxosa degustación, con produtos das terras.

 Cando se emitirá?

Todos os mércores, a partir do 17 de abril ás 17:30 h poderás desfrutar desta quinta tempada en Canal Viajar da túa televisión R.

  • Galicia: dial 57
  • León e Cantabria: dial 53

rebobina

Como sabemos que non sempre podes desfrutar do contido en plena retransmisión, terás a oportunidade de velo cando ti queiras, a través da opción de rebobina que che ofrece a televisión R.

Non esperes máis e embarcarte nunha viaxe de soño coa túa televisión R!

Para calquera dúbida que che poida xurdir, podes poñerte en contacto con nós a través de calquera das nosas canles.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.