menú

O documental “Caminando sobre las olas”, en rebobina

13/12/2019
Blog R

Camiño de Santiago e surf únense no documental “Caminando sobre las olas” que xa tes dispoñible gratis en rebobina.

“Caminando sobre las olas” aúna dous conceptos de viaxe: a peregrinación a Santiago polo chamado Camiño do Norte ou Camiño da Costa en España (vai dende Fuenterrabía a Santiago de Compostela) e o roteiro polas praias que nos permiten coller as mellores ondas.

Camiño e mar

Esta serie documental destaca a paixón a partes iguais pola terra e polo mar. Indaga nas persoas que inician a peregrinación do Camiño de Santiago e a quen tamén lles apaixona o surf e o mar.

Un campión como guía

Kepa Acero, ex campión de Europa junior de surf, percorre o Camiño da Costa e exerce de condutor de cada programa da serie.

Inicia o seu percorrido en Irún e ao longo de trece capítulos vai percorrendo etapas que o levan pola costa vasca, cántabra, asturiana e galega. Entra en Galicia por Ribadeo e segue ata Burela, Ferrol e Malpica, entre outras zonas costeiras.

En cada etapa da súa orixinal viaxe móstranos diferentes lugares, coas súas xentes, a súa gastronomía e os seus costumes.

Os peregrinos

Kepa atopará peregrinos que seguen o seu mesmo roteiro. Cada un coa súa propia historia. Coñeceremos as súas motivacións e o seu entusiasmo en cada capítulo.

Os protagonistas locais

Durante o camiño, Kepa tamén se atopa con surfeiros locais e con outros personaxes que lle contarán cales son as mellores ondas de cada praia e outras historias relacionadas con cada lugar que visita.

Descubre “Caminando sobre las olas”. Está dispoñible en rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.