menú

Os mellores documentais para este verán están en Nat Geo Now

23/07/2021
Blog R

Propoñémosche unha viaxe por África, Asia ou Australia, entre outras, descubrindo lugares, especies, persoas e acontecementos que non deixarán de sorprenderte. Descubre Nat Geo Now, dispoñible gratis en rebobina, e goza de grandes documentais para todos os gustos. Queres saber máis?

‘Mayday: Catástrofes aéreas’

Unha hora despois de saír de Mineápolis, o voo 5719 de Airlink Northwest estrélase sen motivo aparente. Un voo rexional con destino a Detroit convértese nunha angustiosa espiral catastrófica. Un Boeing 767 achégase ao Aeroporto Internacional de Gimhae para aterrar pero estrélase nunha ladeira próxima á pista.

Estas son algunhas das catástrofes aéreas que protagonizan as emisións dun dos programas máis recoñecidos de Nat Geo.

‘El club de la lucha animal’

Contempla algunhas das loitas máis extremas da natureza, cando os animais se baten pola supervivencia nalgúns dos territorios máis inhóspitos e mesmo enfrontándose en ocasións aos da súa propia especie.

‘Grandes felinos’

Queres saber máis sobre os métodos de caza dos leóns, os guepardos e os leopardos, os grandes felinos de África?

E se queres saber máis sobre o reino animal, non perdas tamén ‘Depredadores’, ‘Hombre vs Depredador’, ‘Destination Wild’ e o clásico ‘SharkFest’.

‘África’

O Dr. Mike Fay, explorador de National Geographic, lévanos a través dunha viaxe transcontinental mentres voa dende o extremo sur de África ata a costa norte de Marrocos. As cámaras están con el en cada quilómetro durante os sete meses da misión.

‘Asia’

En Asia espéranos unha épica viaxe aérea sobrevoando un dos países máis enigmáticos do mundo: China, un país vibrante que se atopa no medio dunha gran transformación dende unha sociedade anteriormente illada a un actor determinante no actual escenario mundial.

‘Mujeres que cambiaron el mundo’

Dos nomes máis coñecidos a novas estrelas en ascenso, coñece as mulleres que están a cambiar o noso mundo para mellor. Viven entre primates, dirixen importantes investigacións ou loitan por salvar o noso planeta; estas son as fascinantes historias das valentes mulleres que atravesan os teitos de cristal para remodelar o noso futuro e o das xeracións vindeiras.

‘Deporte’

Coñeceremos mellor a ídolos do deporte como Maradona e Lance Armstrong. Pero, en realidade, Tim Shaw o que quere é ensinarnos a gañar en todo… por moi ridículo que sexa.

‘Cosmos’

Neil deGrasse Tyson, famoso astrofísico de talle mundial, acompáñanos nunha viaxe fascinante para coñecer a orixe do cosmos.

Grazas a Nat Geo Now explorarás tamén as profundidades dos océanos e descubrirás os segredos ocultos de Exipto, América do Norte e mesmo de Marte.

Ademais, Tim e Fuzz móstrannos algúns dos modelos máis incribles, rápidos, luxosos e sorprendentes de automóbiles en ‘Cars’ e ‘Cars S.O.S.’; o famoso chef Gordon Ramsay descóbrenos as exquisiteces da gastronomía tradicional en ‘Gordon Ramsay: Fuera de carta’; descubrimos o fascinante proceso que levan a cabo para fabricar algúns dos teus alimentos favoritos en ‘Food Factory: USA’; e o carismático Doutor Pol segue atendendo na súa clínica veterinaria a un vórtice de pacientes e ocupándose, por exemplo, de dedos fracturados, infeccións de miñocas e cachorros lactantes.

Preparado para descubrir os mellores documentais coa televisión R? Cales son os teus favoritos?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

14 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. laura di:

    buenas, se supone que han actualizado mi tarifa y me ofrecen nuevos contenidos de Nat Geo Now (tal y como narra esta entrada) y Fox Now en mi rebobina pero lo cierto es que busco y no tengo nada de eso. Lo único que me incorporaron de lo prometido, eso sí, es AXN Now. Cómo me lo solucionan?

  2. laura di:

    hola, me han puesto ya el deco 4k pero sin embargo, sigo sin visualizar ninguno de esos documentales de Nat geo Now ni tampoco nada de Fox Now que se supone me entra en el rebobina, pero en el mismo no me constan contenidos de estos canales. Qué problema puede haber y cómo lo soluciono?