menú

O ‘Doctor Sueño’ chega a Movistar Estrenos

13/08/2020
Blog R

A secuela da mítica ‘El Resplandor’ enche de terror a nosa televisión R o venres 14 de agosto ás 22:00 h. Estás preparado para recibir ao ‘Doctor Sueño’?

Ewan McGregor dálle vida a un adulto Danny Torrance (o neno de ‘El resplandor’) neste ‘thriller’ sobrenatural de terror titulado ‘Doctor Sueño’, secuela da cinta de Kubrick de 1980.

De neno ‘resplandeciente’ a adulto atormentado

Danny é agora un adulto que se mudou a un tranquilo pobo no que malamente soporta as súas visións afogándoas en alcol para deixar atrás a ese neno que escapou do Hotel Overlook coa súa nai pero que segue vivindo acosado polas horribles visións do seu don ‘resplandecente’.

Cando o grupo de ‘Rose la Chistera’ se apodera do ‘resplandor’ doutros nenos/as para conseguir a inmortalidade, Dan deberá deixar fluír todos os seus dons para axudar á moza Abra (tamén posuidora do ‘resplandor’) na súa loita contra os desapiadados membros do ‘Nudo Verdadero’.

Obra dun mestre do terror literario e dun especialista do terror cinematográfico

A película é unha adaptación da novela ‘Doctor Sueño’, escrita por Stephen King en 2013 como secuela do libro no que se basea a película orixinal.

Como director e guionista de ‘Doctor Sueño’ atopamos a todo un especialista no xénero do terror: Mike Flanagan. Seguro que o recoñecedes como creador da serie ‘La maldición de Hill House’ e director, entre outras, das películas ‘Ouija: El origen del mal’ e ‘ Somnia: Dentro de tus sueños’. Ademais, non é a primeira vez que adapta para a pequena pantalla unha novela de Stephen King, pois xa o fixo en 2017 con ‘El juego de Gerald’.

Ewan McGregor métese na pel de Danny, enfrontándose así ao difícil reto de facernos esquecer a maxistral interpretación de Jack Nicholson como protagonista de ‘El Resplandor’. Completan o elenco de ‘Doctor Sueño’ Rebecca Ferguson, Kyliegh Curran e Cliff Curtis.

30 anos despois, reencontrámonos con Danny Torrance. Contrata Movistar Estrenos coa nosa opción Cine e a desfrutar.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.