menú

Disney XD incorpórase á ‘opción festa’

02/10/2017
Blog R

Os nenos da casa están de noraboa. En outubro, a canle Disney XD (dial 160) incluirase na ‘opción festa’.

Disney XD é unha canle dedicada a un público preadolescente no que se emiten series como: ‘Alien Gatuno’, ‘Mech-X4’, ‘Lab Rats’, ‘Gusano Marciano’ ou ‘La ley de Milo Murphy’, entre moitas outras. Ademais, en outubro volven a Disney XD algúns dos superheroes máis coñecidos da canle, como ‘Marvel: Los vengadores unidos’, que estrea a súa cuarta tempada; os mozos futboleiros de ‘Once’; ou os aventureiros máis galácticos, con nova aventuras de ‘Star Wars: Las aventuras de los Freemaker’ e ‘Star Wars Forces of Destiny’.

Unha opción ideal para toda a familia

Os clientes que teña contratada a opción ‘festa’ non terán que facer nin solicitar nada para desfrutar da nova canle, xa que pasarán a vela de forma automática no dial correspondente. Pero non vos preocupedes se aínda non a atopades na vosa tele, xa que esta incorporación farase de forma gradual durante os próximos días, primeiro nos descos SD e HD e posteriormente nos equipos 4K.

Con esta mellora, ‘festa’ convértese nunha opción con contidos moito máis variados e completos, idónea para que desfrute toda a familia, especialmente se hai nenos na casa.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.