menú

Incorporamos Disney Pop Pick

10/07/2018
Blog R

Ola. Hai só uns días informabámoste das novidades infantís na nosa grella de televisión, coa incorporación de Nick Jr. e Baby TV.

Pois ben, tiñamos unha mellora pendente que xa che podemos anunciar. Os pequenos da casa contan agora tamén con Disney Pop Pick.

En rebobina

Disney Pop Pick non é unha canle ao uso: non se emite nun dial concreto, senón que os seus contidos se subirán directamente a rebobina. Agora mesmo xa conta con máis de 300 contidos dispoñibles.

Forma parte da opción nenos no deco 4K. Así que no caso de que teñas contratado este paquete, xa o tes pulsando en rebobina > infantil > Disney Pop Pick.

Que ofrece

Disney é sinónimo de contidos infantís e de calidade. Neste caso, grazas a Disney Pop Pick poderás gozar da estrea de novos episodios de series moi coñecidas, polo menos sete días antes de que se emitan nas súas canles. E en rebobina, para velos cando se queiras.

Ademais, haberá tempadas completas das series favoritas do teu fillo, para que non teña que agardar a súa emisión. Por exemplo, poderá ver Soy Luna, Art Attack, Mickey e os Superpilotos, Miles do futuro, Phineas e Ferb, Big City Greens ou Claude.

De novo, esperamos que che guste esta mellora. E con calquera outra novidade, iremos informando por aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. emilio di:

    Una pregunta. Tengo un combo 200 festa rachada 4K que engloba todo… Yo voy al rebobina y no me aparece en infantil la opción Disney Pop Pick.¿Tengo que actualizar algo más?