menú

Discovery lévanos ao espazo

01/10/2019
Blog R

Discovery Channel convida os espectadores a observar o Universo dende a pantalla da canle, que un ano máis se une á celebración mundial da Semana do Espazo cunha programación especial que se emite do venres 4 ao xoves 10 de outubro e que inclúe a estrea en prime time das novas entregas de series clásicas da canle como ‘NASA, archivos desclasificados’, ‘Historia del Universo’ ou ‘Desmontando el Cosmos’.

A televisión R dirixe a súa mirada cara ao Universo.

Cales foron as claves que marcaron a historia do noso Universo?,  que avances realizou a sociedade científica en torno ao descubrimento de vida fóra do noso planeta?, cal é a orixe, a causa ou os segredos do noso cosmos?

“NASA, archivos desclasificados”

As noites da Semana do Espazo en Discovery Channel comezan ás 22:00 h coa estrea de novas entregas de “NASA, archivos desclasificados”.

O formato saca á luz material orixinal dos arquivos secretos da principal axencia do goberno estadounidense responsable do programa espacial civil e, entre moitos outros temas, analiza os plans da NASA para facer habitable Marte sementando plantas e levando animais xeneticamente alterados para que poidan sobrevivir ás extremas condicións do Planeta Vermello. Que consecuencias podería xerar este proxecto se se levase a cabo?

“Historia del Universo”

Deseguido, ás 23:00 h, chega a Discovery Channel a sétima tempada de “Historia del Universo”. A lonxeva serie analiza nas súas novas entregas as estrelas de neutróns, as supernovas, os buracos supermasivos e a súa posible contribución á creación de estrelas ou de luz e as nebulosas, nubes de gas e po cósmico.

Novas entregas de “Desmontando el Cosmos”

A serie “Desmontando el Cosmos” continúa explorando de madrugada en Discovery Channel os segredos ocultos que rodean a orixe e o destino do universo, analizando capa por capa estes intrigantes buracos super masivos con impresionantes animacións por computador para descifrar misterios como a historia secreta da sonda Juno que lanzou a NASA para explorar Xúpiter ou os segredos que esconde a aurora boreal.

Como ver o especial “Semana del Espacio”

Só debes ter a opción ocio da túa televisión R. Apunta o dial.

  • Galicia: dial 51
  • León e Cantabria: dial 60

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.