menú

Discovery Channel estrea “Texas Metal”

12/06/2019
Blog R

Os afeccionados ao motor teñen unha nova cita coas construcións e as personalizacións de bólidos máis incribles na televisión R. Discovery Channel estrea “Texas Metal” o xoves 20 de xuño ás 22:00 h.

A imaxinación ao servizo da customización de vehículos

“Texas Metal” demostra que non hai nada imposible na customización de vehículos. A serie segue os pasos do soldador Bill Carton e de todo o equipo de profesionais do taller Ekstensive Metal Woks, onde se realizan as construcións dos autos e camións máis singulares e extravagantes de todo o país. Materiais oxidados ou pezas de bólidos de primeira clase logran unha segunda vida nos esixentes proxectos aos que deben enfrontarse estes xenios da automoción.

Bill Carton é toda unha lenda da zona. Hai catro décadas, o seu pai comprou a propiedade que hoxe en día ocupa o taller Ekstensive Metal Woks e dende pequeno medrou aprendendo do oficio de soldador e construíndo de maneira autónoma todo tipo de vehículos fóra do común. Agora, xunto a todo o seu equipo de expertos do motor, formado por Tim Donelson, Valerie, Spot, Rudy, Eliud, Head, os duos John e Jamie, segue desenvolvendo a súa paixón en proxectos de customización e personalización exclusivos.

Tantos modelos de coches como deseños

Dentro das entregas da primeira tempada de “Texas metal”, atoparémonos cun vehículo moi recente: un Ford 350 de 2017 con menos de 600 millas nas súas costas. O seu dono busca lle dar un cambio radical ao seu deseño, o mesmo que outro cliente que acode ao taller cun Porsche 911 de 2014. Todo o equipo debe empregarse a fondo para conseguir o resultado desexado e para iso non dubidan en substituír as pezas orixinais por unha carrocería feita a medida e unhas estruturas especiais soldadas de maneira personalizada e manual por Bill. Lograrán que todo encaixe á perfección?

Polo taller de Ekstensive Metal Woks tamén pasarán outros bólidos como un Lincoln Continental de 1967, un Chevrolet C10 de 1966, un Cadillac DeVille de 1961, un Chevy Kodiak de 2006 ou un camión de reparto de Grumman de 1963. Xunto a eles, desfilarán diante das cámaras do novo programa de motor outros vehículos que lucirán con espectaculares e irrecoñecibles creacións tras pasar polas mans de Bill Carton e o seu equipo.

Como ver “Texas Metal” en R

Podes ver “Texas Metal” se tes contratada a opción tv familia de televisión R. Apunta o dial:

  • Galicia: dial 51
  • León e Cantabria: dial 54

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.